A Casa das Ciencias é un museo interactivo do servizo municipal Museos Científicos Coruñeses que abriu as súas portas o 1 de xuño de 1985.
Situada nun palacete dentro do parque de Santa Margarita, conta cun planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.
EXPOSICIÓNS
Exposición fotográfica con nove imaxes dás excepcionais auroras boreais vistas desde Galicia en maio de 2024. A selección realizouna Dosi Veiga, editor do proxecto Ceos galegos.
Xoga, sente, imaxina, pensa, sorrí, soña... Experimenta cos módulos interactivos do primeiro piso, e esperta a túa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas senón facerse preguntas: ¿pode baixarse unha costa cara arriba?, ¿como se moven as dunas?, ¿que tamaño pode alcanzar unha pompa de xabón?
A exposición Puro swing é unha colección de quince módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Súbeche a unha randeeira diferente, comprende o segredo do botafumeiro, mira como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descobre como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.
A astronomía como cha contan é unha exposición sobre a forma en que os medios de comunicación tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do Sistema Solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida dos astronautas no espazo.
As sorpresas da Casa das Ciencias traspasan as súas paredes e invaden o Parque de Santa Margarita. Proba a mover unha bóla de granito de 1500 quilos cunha soa man ou sentar xunto a unha maceira clónico do de Newton, o que lle inspirou para descubrir a lei da gravidade.
PLANETARIO
Viaxa no espazo e no tempo no planetario da Casa das Ciencias grazas aos seus proxectores dixitais, que nos trasladan con gran realismo ata os confíns do universo, e grazas ao seu proxector analógizo Zeiss, que reproduce a noite estrelada para descubrir todos os astros que poden observarse a primeira ollada.
CARTELEIRA XANEIRO E FEBREIRO DE 2025
11:30 Dinosauros. Unha historia de supervivencia (galego, 6-12 anos) *(excepto último sábado de mes)
13:00 Biosfera oscura (castelán, + 10 anos) *(excepto último sábado de mes)
17:00 Hazelnuts. Na procura do planeta perfecto (galego, 4-7 anos)
18:00 Sesión en directo, (cast/gal, + 10 anos)
* Os últimos sábados de mes hai dúas sesións especiais en directo gratis
AVISOS
HORARIO
Luns a venres: 10.00 h a 18.00 h*
Sábados, domingos e festivos: 11.00 h a 19.00 h*
* O acceso péchase 30 minutos antes.
1 e 6 de xaneiro: pechado.
Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
Luns a domingo: 10.00 h a 20.00 h*
* O acceso péchase 30 minutos antes.
Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h*
24 de decembro: 10.00 h a 14.00 h*
31 de decembro: 10.00 h a 14.00 h*
* O acceso péchase 30 minutos antes.
25 de decembro: pechado.
ENTRADAS
As entradas para visitar as exposicións e asistir ás sesións de planetario só poden adquirirse na recepción da Casa das Ciencias.
> Xeneral: 2,06 euros. Suplemento de planetario: 2,06 euros.
> Reducida*: 1,03 euros. Suplemento de planetario reducido*: 1,03 euros.
*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación do documento acreditativo; Carné Novo, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación do documento acreditativo.
> Gratis
> Bono Tres Casas: 12,36 euros
> Cartón Vente: 20,60 euros
> Cartón Vente Mini*: 10,30 euros
*Menores de 16 anos e maiores de 65
VISITAS ESCOLARES
Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.
Novas relacionadas
Actividades relacionadas
Entidades
Documentos relacionados
Preguntas frecuentes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible