29 de marzo de 2007
Á rede de máis de 1.000 puntos de recollida de pequenos colectores situados en comercios de venda de produtos electrónicos e en organismos públicos, incorpóranse agora seis colectores na vía pública onde se poden depositar pilas botón, alcalinas e teléfonos móbiles.
Os 6 colectores están situados nos seguintes puntos:
· R/ Ramón y Cajal, xunto á parada do autobús situada diante do centro comercial
· Praza de Pontevedra, xunto ao paso de peóns próximo ao inicio da Avenida de Finisterre
· R/ Barcelona, diante da fachada do mercado das Conchiñas
· R/ Ángel Senra, xunto á intersección coa rúa Oidor Gregorio Tovar
· R/ Alcalde Suárez Ferrín, na confluencia coa rúa Manuel Azaña
· Campus de Elviña, na zona da parada de autobuses.
Estes novos colectores con capacidade para 60 quilos e de 2 quilos para pilas botón, son o resultado do convenio de colaboración que o Concello da Coruña subscribiu en xaneiro do 2005 coa Asociación española de recolledores de pilas, acumuladores e móbiles (A.E.R.P.A.M.) no marco da campaña que esta entidade promove en diversas cidades españolas co lema 'Ponte as pilas e recíclaas', cuxo obxectivo é aumentar a recollida selectiva de pilas co fin de aumentar o promedio nacional de recollida do 12% actual ao 45%, segundo determinan as directivas europeas.
O Concello lembra que cada ano se consomen máis pilas; así, unha familia de catro persoas consome, aproximadamente, 70 pilas ao ano, ou o que é o mesmo, 18 pilas por persoa. O consumo duplicouse nos últimos anos chegando a alcanzar unha cifra global en España que supera ao ano os 1.000 millóns de unidades.
Aínda que a separación de materiais, en especial de materia orgánica, papel-cartón, vidro, etc., aumenta cada ano, o certo é que aínda non se chegou ao mesmo grao de concienciación con materiais como as pilas cuxo poder contaminante é moi alto.
O Concello e AERPAM, ao achegar estas infraestruturas á cidadanía -están en vía pública- pretende conseguir meirandes cotas de recuperación de pilas que aumenten o óptimo nivel xa acadado na cidade coas infraestruturas existentes para este residuo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible