16 de maio de 2007
O servizo de control de aves, Locus Avis, comezou a retirar os niños e ovos para evitar a cría incontrolada destes animais que xera molestias para os veciños.
O Concello puxo en marcha unha nova campaña para eliminar os niños de gaivotas na cidade e, con iso, eliminar os problemas que implica a presenza destes animais. Ata o momento, a empresa encargada retirou xa, nos Novos Ministerios e na Cidade Vella, os primeiros niños e ovos, cuxo destino foi o colector de residuos orgánicos.
O pasado ano visitáronse 700 tellados e retiráronse 900 niños. As previsións apuntan a que este ano haberá máis traballo.
Na cidade residen 750 parellas de gaivotas, segundo o último censo, realizado hai dous anos. Dende que no 2000 se comezou a traballar de forma continuada nos tellados, ese número reduciuse nun 54%.
Para controlar a colonia é imprescindible a colaboración cidadá. Este ano, o 010 recibiu por agora máis de 350 chamadas de cidadáns que cren que as gaivotas están criando no seus tellados. Locus Avis responde aos interesados en menos de 48 horas. O seguinte paso é unha cita. O servizo é gratuíto e estará operativo ata agosto.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible