
Agora na Coruña imos separar mellor para reciclar máis. Sumamos un novo colector, o gris, só para tirar os restos, e o colector amarelo será só para envases. O marrón seguirá sendo o de residuos orgánicos.
HORARIO PARA DEPOSITAR O LIXO
De xuño a setembro: das 22.00 ás 00.00 h
De outubro a maio: das 20.00 ás 00.00 h
Chama ao 010 para solicitar o servizo de retirada gratuíta de residuos voluminosos (mobiliario, electrodomésticos...)

O 27 de out de 2025
Unha carpa informativa visitará os distritos segundo se vaia poñendo en marcha neles o novo modelo

O 21 de out de 2025
O novo sistema de reciclaxe xa está presente en zonas como Novo Mesoiro, Feáns, Elviña, Barrio das Flores, Matogrande ou Catro Camiños, con máis de 1.200 unidades modificadas

O 6 de out de 2025
Os primeiros colectores de fracción resto comezan a instalarse esta semana e se rotularán todos para que a cidadanía se adapte con facilidade ao cambio
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible