Concello da Coruña

Concello da Coruña

Edificios públicos

Estudo de gases de efecto invernadoiro

Ao longo do ano 2008 realizouse un estudo de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) nos edificios municipais; e dende o punto de vista enerxético en todos os edificios, instalacións e servizos municipais, así como auditorías correspondentes. Ese traballo, de escaso orzamento, tivo un carácter fundamentalmente informativo, para coñecer, a modo xeral, a situación na que se encontraban os nosos inmobles dende o punto de vista enerxético.

Plan de sinalización

A finais do 2009 o Practise levou a cabo unha campaña de sinalización na cidade co fin de incrementar o coñecemento sobre a enerxía sostible e mellorar o consumo enerxético. Esta campaña estaba dirixida a traballadores municipais, usuarios de edificios municipais e poboación en xeral.

A iniciativa consistiu na colocación de elementos de sinalización de diferentes formatos que recollían recomendacións co obxectivo de reducir o consumo e mellorar a eficiencia enerxética.

Diferentes tipos de edificios foron sinalizados incluíndo instalacións deportivas, colexios públicos, edificios administrativos e edificios públicos como o Palacio da Ópera, a Casa dos Peixes, a Domus, o Fórum, as oficinas de Medio Ambiente, a Oficina de Rehabilitación, etc., con recomendacións e boas prácticas para os traballadores e usuarios externos co fin de reducir o consumo enerxético e mellorar a eficiencia enerxética.

Entre as mensaxes que se incluíron nos sinais podemos atopar:

  • Cando vaias fotocopiar, acumula documentos.
  • Non climatices áreas baleiras. Sé intelixente coa enerxía.
  • Coa sala baleira, apaga a luz.
  • Ilumina de forma intelixente. Pensa na enerxía que se consome.
  • Se non os usas, desconecta o cargador do móbil e o portátil.
  • Aproveita ao máximo a luz solar. É máis natural e aforras enerxía.
  • Co aire acondicionado, cerra portas e ventás.
  • Ao final do día apaga impresoras, fotocopiadoras e ordenadores.
  • Configura o modo de aforro dos teus equipos.
  • Evita o uso dos ascensores.
  • Cerra a billa, axudas a aforrar enerxía.

A campaña acompañouse dun anuncio dirixido ao persoal municipal no que se lle indicaban as diversas formas que permiten un aforro adecuado da enerxía.

Código de boas prácticas

Como complemento á campaña de sinalización e en apoio á súa implantación de forma eficaz, elaborouse un Código de boas prácticas con medidas de carácter básico para adoptar polos usuarios dos edificios municipais para unha redución do consumo de recursos e unha maior eficiencia enerxética, que foi implantado en todas as dependencias municipais grazas a xornadas de formación in situ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión