Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rexistro Municipal de Asociacións (REMAC)

O REMAC é o Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas, no que figuran inscritas a maioría de asociacións ou entidades sen ánimo de lucro da cidade.

A inscrición constitúe un requisito necesario para o acceso a determinados programas, cursos formativos, uso de equipamentos municipais ou subvencións convocadas pola Administración Local.

O REMAC regúlase no art. 13 do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá do Concello da Coruña.

    Inscrición

    As inscricións realizaranse sempre a petición das entidades interesadas, que deberán presentar a solicitude normalizada a través da sede electrónica do Concello da Coruña, acompañada da seguinte documentación:

    • Solicitude de alta no Rexistro de Asociacións.
    • Estatutos da asociación visados polo Rexistro nacional ou autonómico de asociacións (único documento a achegar en caso de modificación da inscrición).
    • Número de inscrición no Rexistro nacional ou autonómico de asociacións.
    • Certificación das persoas que ocupan os cargos directivos.
    • Certificación do número de persoas socias.• Orzamento para o ano en curso.
    • Programa de actividades para o ano en curso.
    • NIF da asociación.
    • DNI do/a presidente/a.

    No prazo máximo de quince días desde a solicitude de inscrición, e salvo que se requiriu achegar documentación non incluída inicialmente, o Concello notificará á asociación o seu número de inscrición e, a partir dese momento considerarase de alta para todos os efectos.

    Inicia aquí o procedemento de inscrición:

    REMAC - Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña.

    Actualización anual

    As asociacións inscritas deberán comunicar anualmente o orzamento e o programa anual de actividades, así como as variacións do número de socios.Presentarase por rexistro a través da sede electrónica no mes de xaneiro.

    Modificación de datos

    As asociacións inscritas están obrigadas a notificar ao REMAC calquera modificación dos datos achegados dentro do mes seguinte ao que se produza: cambios na xunta directiva, modificacións do domicilio social, teléfonos, direccións electrónicas, forma de recibir as notificacións, etc.

    Cancelación da inscrición

    As asociacións inscritas no REMAC poderán solicitar por rexistro, a través da sede electrónica do Concello, a baixa da entidade no Rexistro.

    Ademais, hai varias causas polas que o Concello poderá proceder á cancelación da inscrición dunha entidade:

    • A falta de comunicación das modificacións de datos.
    • A renuncia ou cesamento dos directivos da asociación sen que sexan substituídos nos seus cargos.
    • A desaparición do domicilio declarado, ou calquera outra causa da que se deduza a desaparición da Entidade.

    Modelos

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión