Concello da Coruña

Concello da Coruña

Esta lei dáche dereitos

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno ten tres obxectivos fundamentais:

  1. Incrementar e reforzar a transparencia na actividade pública
  2. Recoñecer e garantir o acceso á información, regulado como un dereito
  3. Establecer as obrigas de bo goberno que deben cumprir as persoas responsables públicas, así como as consecuencias xurídicas derivadas do seu incumprimento.

Esta lei regula no seu Capítulo III (arts. 12 a 24), todo o relativo aos dereitos que tien a cidadanía nesta materia, o tipo de información que pode solicitar á administración, os límites que establece a propia lei, o procedemento para seguir, as causas de inadmisión de solicitudes e os recursos que se poden interpoñer.

Así mesmo, a Instrución municipal sobre Transparencia recolle a normativa elaborada polo concello en aplicación do establecido en Lei 19/2013. De especial interese son as disposicións:

  • Quinta, que responsabiliza ás direccións, xefaturas de servizo, xerencias, etc respecto da publicación e o mantenimeinto da publicidade activa (é dicir, a que eles mesmos xeren), garantindo así a transparencia.
  • Sexta, que regula o procedemento para seguir respecto do dereito de acceso á información.
  • Oitava, que regula o réxime de responsabilidade en relación coa transparencia municipal e a capacidade sancionadora.
  • Novena, que determina o réxime de reclamacións, queixas e recursos aos que ten dereito a cidadanía se considera que se vulnera este dereito.

O ámbito da transparencia é reponsablidad do Área de Alcaldía a través do Coordinación Xeral Municipal . Para temas de transparencia contactar a través do correo alcaldia@coruna.es.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión