
Este sistema de Suxestións e Reclamacións (sistema SyR) estableceuse en cumprimento da Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, regulado posteriormente polo Regulamento orgánico da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións mediante acordo da XGL do 2 de setembro de 2005.
Xestiona as queixas e suxestións presentadas pola cidadanía segundo o establecido no ROM, que recolle que as persoas interesadas deberán cumprir os requisitos regulamentarios e achegar obrigatoriamente a seguinte información se queren acceder aos dereitos que o Regulamento outorga, e cuxa omisión supoñerá que non será obrigatorio contestar á queixa, aínda que o trámite interno efectuarase de todos os xeitos:
As persoas responsables deste sistema SyR redactan un informe mensual no que se inclúen tanto as queixas regulamentarias como aquelas que non son de contestación obrigatoria segundo o Regulamento orgánico de suxestións e reclamacións mencionado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible