Concello da Coruña

Concello da Coruña

Definición e tipos de convenio

Nas relacións entre as administracións públicas debe primar o principio de colaboración, aplicable ás relacións que a Administración poida establecer mediante un acordo de colaboración con outras entidades en virtude dun convenio.

Non existe unha regulación xurídica que defina ou clasifique claramente estes convenios de colaboración, o que provoca que exista unha ampla variedade de criterios respecto da actividade administrativa neste ámbito.

O que si queda claro é que calquera convenio supón sempre un acordo de vontades entre dúas ou máis administracións ou entidades sen ánimo de lucro sobre aspectos nos que ambas poden colaborar, cada unha achegando os medios necesarios para desenvolver a actividade acordada.

Ademais da figura do convenio, contémplanse tamén os contratos e as subvencións, cada unha coas súas características específicas. No art. 16 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE do 18 de novembro de 2003), recóllense determinados requisitos que rexen os convenios ou contratos que as administracións públicas poden establecer con entidades colaboradoras para que estas convoquen subvencións.

A continuación móstranse os convenios subscritos polo Concello da Coruña referidos aos seguintes anos:

Documentos relacionados

  • Convenio Concello-Deputación en materia TIC (313 KB)
  • Convenio de cooperación entre o Concello da Coruña e a Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.A. (EMALCSA) para a prestación de asistencia para a valoración dos criterios de adxudicación cuxa ponderación dependa de xuízos de valor (628 KB)
  • Convenios vixentes en 2016 (89 KB)
  • Convenios 2014 (123 KB)
  • Convenios 2013 (122 KB)
  • Convenio colaboración educativa entre a USC Facultad Ciencias Políticas e o Concello da Coruña (4 MB)
  • Convenio colaboración UDC e o Concello da Coruña (169 KB)
  • Convenio cooperación educativa da Universidade de Vigo e o Concello da Coruña (143 KB)
  • Adhesión ao convenio de colaboración FEGAMP para o desenvolvemento de cursos das entidades locais de Galicia (343 KB)
  • Convenio colaboración EGAP e Concello da Coruña para actividades de formación (238 KB)
  • Convenio UDC-Concello da Coruña (programa espazo compartido) (283 KB)
  • Convenio EGAP-Concello da Coruña (desenvolvemento actividades de formación) (238 KB)
  • Convenio UNED-Concenio Concello da Coruña (432 KB)
  • Convenio USC Concello Coruña (practicas grao Veterinaria) (524 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión