Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concesións municipais do Concello da Coruña

A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña, en sesión extraordinaria e urxente celebrada o 25 de xuño de 2025, aprobou a Instrución sobre as concesións municipais do Concello da Coruña.

Esta instrución aborda a conveniencia e utilidade de dispoñer da información detallada de todas e cada unha das concesións municipais, actualizada anualmente, co fin de que o Concello dispoña dun rexistro vivo con antecedentes, datas e información tanto cuantitativa, como cualitativa sobre os procedementos e expedientes concesionais, con relevancia xurídica e económica, aos efectos de tomar decisións sobre o deseño dunha cidade moderna e adaptada ás necesidades da cidadanía. Trátase tamén dun exercicio de transparencia posto que se dá a coñecer en detalle e se fai accesible a información sobre as concesións de titularidade municipal.

A instrución ten por obxecto dotar dun corpo "normativo" interno ao Servizo de Concesións e Patrimonio Municipal, determinando as funcións e as atribucións que lle corresponderán ao citado servizo, a súa forma de integración na estrutura administrativa vixente, as materias que pasarán a ser da súa xestión e o establecemento dos criterios de coordinación coas diferentes áreas e servizos municipais implicados e afectados polas delegacións de competencias en materia de xestión do patrimonio, en xeral, e, en particular, na materia de xestión dos denominados bens e dereitos revertibles.

Con esta instrución trátase de afondar na organización do sistema concesional do dominio público municipal para lograr, entre outros, os seguintes fitos:

- Unha xestión patrimonial, transparente e eficiente, harmonizada baixo criterios comúns.

- A actualización do inventario xeral.

- A correcta conciliación contable.

- Asegurar o rendemento e os ingresos derivados do patrimonio municipal.

- Asemade, busca unha xestión eficaz do conxunto do patrimonio municipal, como un recurso ao servizo da veciñanza e como unha fonte de recursos económicos.

Certificado do acordo adoptado pola xgl celebrada o 25.06.2025

Instrución sobre as concesións municipais do Concello da Coruña

Así mesmo, nesa mesma liña de cumprimento dos principios de transparencia, rendición de contas e acceso á información pública, a Administración municipal da Coruña pon ao dispor da cidadanía a listaxe de concesións municipais e os canons respectivos. Con esta acción, o que se persegue é fortalecer a confianza cidadá e garantir unha xestión pública aberta, eficiente e responsable.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión