Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Acceso e consulta

tramitación electrónica

A Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos estableceu o dereito da cidadanía para relacionarse electronicamente coas administracións públicas. Posteriormente esta lei foi derrogada pola Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas, que ademais a actualizou.

A existencia de documentos nun arquivo electrónico facilita a transparencia pois permite ofrecer información puntual, áxil e actualizada aos interesados.

O Concello da Coruña, a través da súa Sede electrónica, incorporou o trámite electrónico de Acceso "á información pública" que recolle tanto a Instrución municipal como a propia lei.

Na sede electrónica municipal ofrécese información relativa ao exercicio deste dereito de acceso, forma, prazos de tramitación e órganos competentes para resolver as devanditas solicitudes.

Sede electrónica

As sedes electrónicas foron creadas pola Lei 11/2007 posteriormente derrogada pola Lei 39/2015 de 1 de outubro. Permiten o acceso dos cidadáns e as empresas a toda a información, procedementos, trámites e servizos que están dispoñibles electronicamente neste concello.

Accede á sede. Atoparás moita información de interese consultando o seu menú.

Catálogo de Procedementos

A propia Sede electrónica municipal ofrece un catálogo de procedementos en liña que se poden realizar desde a web municipal. Desde ela e cos permisos necesarios que establece a lei, pódense realizar determinados trámites sen ter que desprazarse ás oficinas municipais.

Así mesmo, na sección Servizos da web municipal atoparás unha descrición dalgúns trámites de competencia municipal, aínda que só con valor informativo.

Taboleiro de Edictos municipal

Neste Taboleiro pódense consultar os edictos e anuncios que normativamente así o dispoñan. O acceso ao mesmo non requirirá ningún mecanismo especial de acreditación da identidade da cidadanía, polo que se garante o acceso ao mesmo, a autenticidade, integridade e dispoñibilidade do seu contido segundo as disposicións legais vixentes.

A Lei 15/2014, de 16 de setembro, de racionalización do Sector Público e outras medidas de reforma administrativa (BOE 17-09-2014), implantou o Taboleiro Edictal Único (TEU) a través do «Boletín Oficial do Estado» como medida orientada a facilitar as relacións entre a administración e os cidadáns. Desta maneira o cidadán saberá que, mediante o acceso a un único lugar e coa garantía e seguridade xurídica que supón o BOE, pode ter coñecemento de todos os anuncios para ser notificado que lle poidan afectar, independentemente de cal sexa o órgano que os realiza ou a materia sobre a que versan.

Consulta aquí a ligazón

Exposición pública de expedientes urbanísticos

Algúns expedientes relacionados con cuestións de relevancia urbanística (que afecten o plan, licenzas, xestión urbanística e servizos xerais), deben someterse ao trámite de información pública tras ser aprobados inicialmente polo goberno municipal, co fin de que a cidadanía poida formular as alegacións que considere oportunas. Estas alegacións poderanse presentar, entre outros, nos rexistros municipais (ou os que permite a lei) dentro dos prazos sinalados no anuncio de aprobación de cada un dos expedientes.

Consulta aquí os que están expostos.

Expedientes de proxectos con repercusión ambiental significativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión