Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Contratación

contratacion

Todas as administracións públicas réxense, no relativo á contratación con terceiros, segundo as diferentes modalidades e tipos de contratos existentes, pola Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, publicada no BOE núm. 272 do 09/11/2017

Recóllense a continuación aqueles apartados que consideramos de meirande interese:

Normativa municipal

Ademais da indicada lei de contratación pública, de obrigado cumprimento para todas as administracións, o Concello da Coruña publicou outras instrucións en materia de contratación que se poden consultar no apartado "Normativa municipal", sección "Instrucións":

Perfil do contratante

A súa regulación recóllese no art. 63 da Lei de contratos do sector público mencionada anteriormente. Establécese co fin de asegurar a transparencia e o acceso público (vía web e de fácil acceso) á información relativa á actividade contractual da administración correspondente, e poderá incluír calquera dato ou información referida aos concursos públicos (anuncios, licitacións abertas ou en curso, documentación requirida, contido dos pregos, procedementos anulados...), e outra información útil de tipo xeral (forma de contacto e horario do órgano de contratación).

Pódese acceder a esta información a través da Sede electrónica do Concello da Coruña para o caso de licitacións anteriores ao 9 de marzo de 2017.

Pode acceder á información contractual desde o 9 de marzo na Plataforma de contratación do Sector Público.

Modelos de procedementos abreviados simplificados

En aplicación da apartado "racionalización e axilización da actividade contractual" do Concello da Coruña, recollido na Instrución sobre a actividade contractual do Concello da Coruña , o servizo de Contratación elaborou tres modelos de procedementos abreviados simplificados ("sumarísimos") correspondentes aos contratos de obras, servizos e subministracións, como referencia para os seus futuros procedementos de contratación.

Estes modelos foron ratificados pola XGL na sesión extraordinaria e urxente do 7 de febreiro de 2020:

Mesa de Contratación

Regúlase o seu funcionamento e composición na lei estatal de contratos (art. 326 e disposición adicional segunda, apdo. 7). Esta Mesa de Contratación será o órgano competente para valorar as ofertas presentadas aos concursos licitados e é de existencia obrigatoria.

Estará constituída por unha presidencia, as vogalías que se determinen, e unha secretaría designada entre o persoal funcionario. A súa composición permanente para o mandato 2019-2023 é a seguinte:

  • Presidencia: titular da Concellería de Economía, Facenda e Réxime Interior
    • Suplente: titular da Concellería de Innovación, Industria, Emprego e Consumo
  • Vogais:
    • Intervención Xeral
      • Suplente: persoal funcionario que desempeñe postos de traballo do grupo A1 ou A1/A2, baixo a dependencia da intervención xeral
    • Titular da Asesoría Xurídica
      • Suplente: persoal funcionario que desempeñe postos de traballo de letrado/a baixo a dependencia da asesoría xurídica
    • Titular da xefatura de servizo de Contratación
      • Suplente: persoal funcionario que desempeñe postos de traballo do grupo A1 ou A1/A2, baixo a dependencia do servizo de Contratación
    • A persoa que ostente a dirección da Área de Economía, Facenda e Réxime Interior
      • Suplente: persoal funcionario que desempeñe o posto de traballo de técnico de apoio á dirección da Área de Economía, Facenda e Réxime Interior.
  • Secretaría: titular da xefatura de departamento de Contratación de Obras e Servizos
    • Suplente: persoal funcionario que desempeñe postos de traballo do grupo A1 ou A1/A2 baixo a dependencia do servizo de Contratación

Características:

  • A estas sesións asistirá persnoal adscrito ao Servizo de Contratación para prestar apoio administrativo e tecnolóxico.
  • Aínda sen ser integrantes da Mesa e se son citados por correo electrónico, poderán asistir un/unha concelleiro/a por cada grupo político municipal con independencia do carácter público ou non do trámite.
  • Nos trámites que non sexan reservados, poderá asistir o público en xeral e as persoas interesadas en particular.
  • Constituirase Mesa de Contratación potestativamente naqueles procedementos que así o contemplen os seus pregos de cláusulas administrativas particulares e no propio expediente de contratación, e preceptivamente nos seguintes procedementos de contratación:
    • Abertos
    • Abertos simplificados
    • Procedementos restrinxidos
    • De diálogo competitivo
    • De licitación con negociación
    • De asociación para a innovación

Publicación mensual da formalización de contratos

Segundo o establecido no art. 154.1 da Lei de contratos, pode acceder á información sobre contratos formalizados desde o 9 de marzo de 2018 na plataforma de contratación do sector público, e tamén desde a páxina de Contratos formalizados

Publicación dos contratos menores

Para cumprir co establecido, publícanse os contratos menores formalizados por este concello.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión