Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Onde informarme?

interrogantes, preguntas

Hai que adaptarse a outras formas de interactuar coa cidadanía, incorporando tanto as redes sociais como as tecnoloxías da información actualmente xa ao alcance de todas e todos.

Aínda que todas as administracións públicas fomentan desde hai un tempo o acceso electrónico da cidadanía á realización da maioría dos trámites de forma en liña, que facilitan as xestións e o seguimento dos trámites que a cidadanía ten que realizar, o Concello da Coruña ofrece outras vías de contacto directo.

Estes son as diferentes canles e formas de comunicación co Concello e a súa Administración:

Oficinas municipais de Información e Rexistro

Hai varias oficinas administrativas repartidas pola cidade para facilitar o acceso da cidadanía. Teñen un horario de apertura de atención directa, aínda que tamén se ofrece agora a posibilidade de realizar rexistros oficiais de documentos a través dos rexistros en liña ou electrónicos.

Ademais dos rexistros municipais, existen outros rexistros públicos dependentes doutras administracións que funcionan como "portelos únicos" para os efectos de presentar solicitudes ou documentos.

Teléfono 010 de información cidadá

Este servizo trata de avanzar na mellora das funcións municipais ofrecendo a posibilidade de resolver cuestións sobre trámites ou xestións sen necesidade de desprazamentos mediante a información telefónica, ofrecendo tamén información sobre a cidade e os seus servizos,

+ INFORMACIÓN

Sede electrónica e trámites

A sede electrónica é un dos principais elementos que conforman o impulso da sociedade dixital e do coñecemento, tendo entre os seus obxectivos o de incrementar a confianza dixital da cidadanía na Administración.

Pódese consultar a información sobre o conxunto de trámites que se poden xestionar co concello (en que consiste, requisitos, documentación necesaria para inicialo, onde realizalo etc.), e a título informativo, moitos dos trámites máis habituais na cidade relacionados con outras administracións. Para os trámites municipais tamén se facilita, de ser o caso, o acceso á versión en liña do trámite, así como a descarga da documentación para realizalo de forma presencial.

+ INFORMACIÓN

Páxinas web e redes sociais municipais

Ademais do portal municipal propiamente dito e os seus correspondentes perfís sociais (tanto en Facebook como en Twitter ), moitos servizos ou programas específicos municipais teñen páxinas web e perfís sociais propios. Consúltaos.

+ INFORMACIÓN

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión