Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local (XGL) é o órgano que, baixo a presidencia da Alcaldía, colabora de forma colexiada na función de dirección política que lle corresponde, e exerce as funcións executivas e administrativas que se sinalan no artigo 127 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ademais, este órgano regúlase nos artigos 104 ao 107 do Regulamento orgánico municipal .

Por Decreto da Alcaldía 4536/2023 , do 21 de xuño de 2023, estableceuse a composición da Xunta de Goberno Local para o mandato municipal 2023-2027, as tenencias de Alcaldía e o seu réxime de sesións.

Composición

Presidencia:  Sra. D.ª Inés Rey García , alcaldesa

  • D. José Manuel Lage Tuñas
  • D.ª Eudoxia María Neira Fernández
  • D. Gonzalo Henrique Castro Prado
  • D.ª Nereida María Canosa Domínguez
  • D. Francisco Dinís Díaz Gallego
  • D.ª Noemí Díaz Vázquez
  • D.ª Diana María Sobral Cabanas
  • D. Juan Ignacio Borrego Vázquez

Tenencias da Alcaldía

En virtude do Decreto da Alcaldía 4536/2023, do 21 de xuño de 2023, foron nomeados tenentes e tenentas de alcaldesa os seguintes membros da Xunta de Goberno Local:

  • Primeiro tenente de alcaldesa: D. José Manuel Lage Tuñas
  • Segunda tenenta de alcaldesa: D.ª Eudoxia María Neira Fernández
  • Terceiro tenente de alcaldesa: D. Gonzalo Henrique Castro Prado

Réxime de sesións

  1. As sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local terán lugar cada catorce días, os mércores, ás 09.45 horas. En segunda convocatoria, as sesións ordinarias terán lugar o seguinte día hábil á mesma hora.
  2. Cando a sesión ordinaria, tanto en primeira como en segunda convocatoria, coincida con día inhábil, terá lugar o seguinte día hábil, á mesma hora.
  3. Se coincidise coa celebración da sesión ordinaria do Pleno, a sesión da Xunta de Goberno realizarase ao día seguinte á mesma hora.
  4. A alcaldesa poderá cambiar o día e a hora das sesións, así como suspendelas.
  5. As deliberacións da Xunta de Goberno Local son secretas.
  6. A alcaldesa poderá convocar a determinadas sesións a concelleiras e concelleiros non pertencentes á Xunta de Goberno Local, así como ás persoas titulares dos órganos directivos.
  7. Entenderanse convocadas todas as sesións ordinarias coa mera remisión da orde do día polo/a concelleiro/a-secretario/a, e deberán ser convocados/as a todas as sesións ordinarias e extraordinarias, de conformidade co artigo 106 f) do ROM, o/a titular da Dirección da Asesoría Xurídica en funcións de asistencia xurídica á Xunta de Goberno Local; de ser o caso, o/a titular do órgano ao que se refire o artigo 125.1, B h), o/a interventor/a xeral e o/a oficial maior, como titular do órgano de apoio á Xunta de Goberno Local e ao concelleiro/a-secretario/a.
  8. Autorízase a utilización exclusiva de medios electrónicos para a notificación das convocatorias e, cando fose posible, a posta á disposición de expedientes aos membros desta e a outros/as concelleiros/as e persoal funcionario asistente, prescindindo da notificación en papel para todos os efectos, e facúltase o/a concelleiro/a-secretario/a e a oficial maior para a execución deste acordo e para realizar os trámites de xestión procedentes, permitindo tanto o correo electrónico como calquera outro sistema de notificación e posta á disposición de expedientes que se poida implantar.

Réxime de funcionamento

As sesións da Xunta de Goberno Local axustaranse ao disposto na lexislación vixente e no artigo 106 do  Regulamento orgánico municipal .

      

Pódense consultar a ACTIVIDADE CORPORATIVA das Xuntas de Goberno Local dos últimos anos.

Próximas Xuntas de Goberno

Sen resultados.

Actividade das xuntas de Goberno

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión