O Pleno está formado polo alcalde ou alcaldesa e o conxunto de concelleiras/os electas/os. É o órgano de máxima representación política da cidadanía no Goberno municipal.
O Pleno municipal reúnese en sesións ordinarias, extraordinarias ou extraordinarias de carácter urxente. A organización e o funcionamento do Pleno recóllese nos artigos 25 ao 71 (Título III, Capítulo I) do Regulamento orgánico municipal #TEXT#
O Pleno pode, así mesmo, funcionar en comisións, formadas polas/os concelleiras/os que designen os grupos políticos en proporción á súa representación no órgano plenario.
Podes consultar a ACTIVIDADE CORPORATIVA dos plenos municipais dos últimos anos.
Ademais desde o mes de setembro de 2015 está dispoñible a visualización dos plenos realizados ata agora, e ademais podes seguir cada un deles en directo, vía streaming, desde o portal da web municipal.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible