Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio Axencia de ecoloxía urbana de Barcelona mobilidade

Ano:

2017

Tipo:

Subvenciones nominativas

Fecha de publicación:

30 de xuño de 2017

Prazo de presentación:

Unha vez finalizada a actividade e, en todo caso, antes do 15 de febreiro de 2018, BCNecología deberá presentar a documentación xustificativa do convenio no rexistro xeral.

Obxecto:

O presente convenio de colaboración ten como obxecto establecer as bases de colaboración técnica e económica entre CONCELLO e BCNecología que permita profundar no estudo do transporte urbano que sirva de apoio para impulsar plans de mobilidade

Remuneración / Custo:

100.000,00 €

Abono:

O recoñecemento da obriga a favor de BCNecología e o aboamento da achega municipal realizaranse unha vez efectuada a xustificación nos termos establecidos no presente convenio. Producirase a perda de dereito ao cobro total ou parcial da achega no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 da LGS.

Con todo, tras o primeiro trimestre, poderase autorizar o anticipo da achega de ata a metade do importe total (50.000,00 €) logo da solicitude previa expresa realizada por BCNecología, xustificando o gasto realizado durante o trimestre correspondente.

Antes do vencemento da vixencia do convenio BCNecología poñerá a disposición do Concello a parte do estudo que profunde nun proxecto de transporte para A Coruña e a súa área metropolitana buscando aumentar a eficiencia da rede de transporte público, mantendo ou aumentando a cobertura da rede, co desenvolvemento de indicadores das melloras da rede, estudo dunha posible implantación e seguimento, así como o apoio dun plan participativo do Concello.

Entidade:

Axencia de ecoloxía urbana de Barcelona

Documentos:

Convenio BCN MOBILIDADE (50 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión