Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio Cámara de Comercio para o desenvolvemento de actuación de promoción de empresas do exterior

Ano:

2020

Tipo:

Subvenciones nominativas

Obxecto:

O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración económica entre o Concello da Coruña e a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña co fin de contribuír ao desenvolvemento de actuacións de promoción de empresas no exterior, mediante a execución das seguintes actividades:

* Celebración da VII edición de Exporpymes, co obxectivo principal de que as empresas amplíen a súa carteira de clientes noutros mercados, así como preparar, formar e informar sobre temas de internacionalización e de mercados.

* Asesoramento ou mentorización especializado en internacionalización a emprendedores que se deriven por parte do departamento de promoción económica e comercio. Proponse un número estimado de 50 horas anuais de mentorización.

* Charlas ou talleres formativos en materia de internacionalización de negocios. Estas accións pódense impartir nos centros de empresa de Accede Papagaio ou de Agrela.

* Pílulas informativas en materia de internacionalización e comercio electrónico, que inclúan información básica para coñecer e iniciarse en temas como comercio electrónico, exportacións, repercusións fiscais da exportación ou importación, etc. Estas pílulas colgaranse na web municipal para achegar estes asuntos ás empresas que queiran introducirse na materia.

Remuneración / Dotación:

10.000,00 €

Entidade:

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña

Documentos:

Convenio Camara 10.000 cast (1019 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión