Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Esta lei dáche dereitos

sorrisos e dereitos

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno ten tres obxectivos fundamentais:

  1. Incrementar e reforzar a transparencia na actividade pública
  2. Recoñecer e garantir o acceso á información, regulado como un dereito
  3. Establecer as obrigas de bo goberno que deben cumprir as persoas responsables públicas, así como as consecuencias xurídicas derivadas do seu incumprimento.

Esta lei regula no seu capítulo III (arts. 12 a 24), todo o relativo aos dereitos que ten a cidadanía nesta materia, o tipo de información que lle pode solicitar á Administración, os límites que establece a propia lei, o procedemento para seguir, as causas de inadmisión de solicitudes e os recursos que se poden interpoñer.

Así mesmo, a Instrución municipal sobre Transparencia recolle a normativa elaborada polo concello en aplicación do establecido na Lei 19/2013. De especial interese son as disposicións:

  • Quinta, que responsabiliza as direccións, xefaturas de servizo, xerencias etc. respecto da publicación e o mantemento da publicidade activa (é dicir, a que eles mesmos xeren), garantindo así a transparencia.
  • Sexta, que regula o procedemento para seguir respecto do dereito de acceso á información.
  • Oitava, que regula o réxime de responsabilidade en relación coa transparencia municipal e a capacidade sancionadora.
  • Novena, que determina o réxime de reclamacións, queixas e recursos aos que ten dereito a cidadanía se considera que se vulnera este dereito.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión