Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio con ASPANAES para a realización dun servizo de información, orientación, valoración e apoio ás familias

Ano:

2018

Tipo:

Subvenciones nominativas

Prazo de presentación:

Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a entidade ASOCIACIÓN ASPANAES deberá presentar a documentación xustificativa no Rexistro Xeral

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a ASOCIACIÓN ASPANAES, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Servizo de información, orientación, valoración e apoio a familias", que se desenvolverá durante o exercicio 2018

Remuneración / Custo:

25.000,00 €

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento de obriga a favor do beneficiario e o pago da achega realizaranse tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 da LGS.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, deberá ser solicitado expresamente pola entidade beneficiaria e deberá constituírse unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará mediante a retención do pago polo Concello, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, procederase á devolución da cantidade retida en concepto de garantía.

Entidade:

Asociación de pais de persoas con trastorno de espectro autista (TEA) da provincia da Coruña

Documentos:

Convenio ASPANAES_cast (639 KB)

Convenio ASPANAES 2018 _gal (584 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión