2020
Subvenciones nominativas
O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración técnica e económica entre o Concello da Coruña e a Confederación de Empresarios da Coruña para levar a cabo o desenvolvemento dun plan integral de emprego. As actividades que teñen cabida neste convenio, que van dirixidas a mozos e mozas, desenvolveranse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.
O proxecto persegue os seguintes obxectivos e características:
* Reducir os niveis de desemprego mediante as accións formativas
* Aumentar as súas competencias e habilidades para a inserción laboral, mellorando os seus coñecementos, actitudes e aptitudes para a empleabilidad
*Xerar un impacto positivo e duradeiro sobre o futuro profesional dos/as beneficiarios/as
* Xerar redes de contactos a través da formación
* Asesorar, acompañar e mellorar o acceso ao mercado laboral das persoas participantes no Plan Laboral CEC Coruña 2020
* Intermediación laboral entre o tecido empresarial da Coruña e a súa contorna e os profesionais desempregados, beneficiarios/as do Plan.
30.000,00 €
Confederación de Empresarios da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible