Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio Escola Infantil Carmen Cervigón coa IBS Padre Rubinos

Ano:

2017

Tipo:

Subvenciones nominativas

Fecha de publicación:

30 de xuño de 2017

Prazo de presentación:

Presentar a xustificación no prazo de dous meses a partir da finalización do convenio, mediante a documentación esixida nos artigos 30 e seguintes da LGS e no artigo 37 da ordenanza xeral de subvencións da Área de Benestar do propio concello.

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a Institución Benéfico Social Padre Rubinos, coa finalidade de contribuír a financiar as 95 prazas do primeiro ciclo de educación infantil que a citada entidade oferte a través da Escola Infantil "María del Carmen Cervigón", durante o exercicio de 2017.

Remuneración / Custo:

187.646,56 €

Abono:

Con carácter xeral, o aboamento da subvención realizarase tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos neste convenio.

Perderase o dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto da falta de xustificación ou concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 37 da LGS, e cando non se acredite que estivesen cubertas polo menos 80 das 95 prazas ofertadas.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, a institución deberá solicitalo expresamente e constituirase unha garantía do 10% do importe total da subvención, que se realizará mediante a retención do pago polo Concello, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata alcanzar esta contía. Presentada a xustificación e se non existe responsabilidade por parte da institución, devolverase a cantidade retida en concepto de garantía.

Entidade:

Institución benéfico social Padre Rubinos

Documentos:

Convenio IBS Escola infantil en castelán (64 KB)

Convenio IBS Escola infantil en galego (58 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión