Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio ESPAZOCOOP para o desenvolvemento de programas para o emprendimiento empresarial en materia de economía social

Ano:

2020

Tipo:

Subvenciones nominativas

Obxecto:

O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración económica entre o Concello da Coruña e a Unión de Cooperativas Espazocoop co fin de contribuír ao desenvolvemento de programas para o emprendimiento empresarial en materia de economía social, mediante a execución das seguintes actividades:

· PROGRAMA DE ASESORAMENTO ECONÓMICO-FINANCEIRO

Asesoramento especializado na área de financiamento, con foco na banca ética e de base cooperativa, para entidades de Economía Social e Solidaria: Devandito servizo será prestado presencialmente con periodicidade semanal por técnico especializado para informar sobre as entidades que operan e posibilidades do financiamento ético para proxectos de emprendimiento a través de entidades da Economía Social como Fiar, COOP57, Triodos Bank, ...e terá como beneficiarias entidades de Economía Social e Solidaria: cooperativas, sociedades laborais, asociacións, fundacións e organizacións do terceiro sector.

PROGRAMA DE TELEFORMACIÓN

Itinerario de 2 cursos de emprendimiento e plan de empresa cooperativo de 20 horas cada un, dirixido a distintos colectivos: cooperativas en marcha que teñan interese en reformular a súa actividade ou explorar novas áreas de negocio, como para grupos promotores, con especial incidente para aquelas persoas que proveñan de empresas en crises, autónomos para agrupar servizos, recursos, investimentos e que poden servir de base para captación de promotoras. Total de 40 horas e segundo tarifas de módulos de teleformación aprobadas polo SEPE.

PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO PARA RE_INICIO DE ACTIVIDADES

Asesoramentos e acompañamentos, tanto para cooperativas en marcha como para grupos promotores, con especial incidente en empresas en crises, autónomos para agrupar servizos, recursos, investimentos. Total de 600 horas de asesoramentos e acompañamentos, flexibles en función das necesidades e demandas dos proxectos acompañados.

Remuneración / Custo:

19.998,00 €

Entidade:

Unión de Cooperativas Espazocoop

Documentos:

Convenio ESPAZOCOOP 19.998 cast (153 KB)

Convenio ESPAZOCOOP 19.998 gal (963 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión