2017
Subvenciones nominativas
9 de novembro de 2017
O presente convenio ten por obxecto contribuír á execución dun "Programa de Axentes de Innovación" que pretende realizar a FUAC. As actividades que teñen cabida neste convenio, que van dirixidas a promover a inserción laboral de persoas con titulación superior no ámbito da innovación, desenvolveranse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017.
O principal obxectivo do programa é promover a inserción de persoas con titulación superior no ámbito da innovación, de maneira que ademais se facilite o desenvolvemento socioeconómico da cidade da Coruña, a través da innovación empresarial.
Ademais é obxecto do programa informar e asesorar de maneira individualizada as empresas coruñesas para potenciar elementos cun alto valor engadido, que faciliten sistemas de innovación aberta ás organizacións que queren innovar e non saben como facelo.
Para iso, deberase definir o modelo de innovación que mellor encaixe en cada empresa, co obxecto de impulsar o seu crecemento e competitividade, así como a súa capacidade de xerar novos postos de traballo.
O alumnado participante no programa percibirá unha bolsa de prácticas formativas non laborais nas empresas.
30.000,00 €
FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible