Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria subvencións a entidades veciñais sen ánimo de lucro en materia de participación cidadá para proxectos concretos

Ano:

2016

Tipo:

En concurrencia

Inscricións:

Dende o 22/07/2016 ata o 21/08/2016

Fecha de publicación:

21 de xullo de 2016

Prazo de presentación:

Prazo de solicitude: un mes desde a publicación do extracto no BOP da provincia.

Obxecto:

É obxecto desta convocatoria outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento de programas, proxectos ou actividades de interese social ou cultural que realicen as entidades veciñais da Coruña durante o ano 2016 (entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro), que favorezan a participación cidadá e que teñan un carácter complementario respecto dos programas municipais.

As entidades solicitantes poderán presentar como máximo un proxecto, programa ou actividade.

Os proxectos presentados deberán ter relación con:

1. Programas e metodoloxías de participación cidadá que faciliten a apertura de procesos participativos nos que poidan tomar parte veciños e veciñas dun barrio concreto, ou ben de toda a cidade.

2. Proxectos, programas e/ou actividades culturais, formativas e educativas, valiosas para toda a cidadanía da Coruña, sen ser necesario ter a condición de socio/a para participar nelas (talleres, cursos, conferencias, debates ou calquera outro formato que se considere oportuno) e que favorezan a participación activa da cidadanía na vida da cidade.

3. Festas tradicionais e/ou populares de arraigamento cultural, cuxa celebración contribúa a manter tradicións e costumes propios; entendéndose por festa tradicional e/ou popular aquelas celebracións relacionadas con acontecementos ou festividades que reflicten a idiosincrasia dunha zona e que se realizan segundo usos e costumes herdados. (Quedan excluídos os eventos festivos realizados en urbanizacións, comunidades de veciños ou entidades que se organicen para o goce privativo, así como as festas organizadas en establecementos de hostalería ou recintos privados).

A quen vai dirixido?:

Poderán obter a condición de beneficiario as federacións e asociacións de veciños, legalmente constituídas, sen ánimo de lucro e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións coruñesas (REMAC) e que presenten un proxecto, programa ou actividade que se axuste ao obxecto da subvención debidamente detallado e orzado. Os proxectos, programas e actividades para desenvolver ao amparo desta convocatoria deben facilitar a difusión da entidade, o seu proxecto, valores e actividades, favorecendo a incorporación de novas persoas ás asociacións, fortalecendo as relacións entre entidades, entre as entidades e a veciñanza, contribuíndo á participación activa da veciñanza do tecido asociativo veciñal e, en definitiva, de toda a cidadanía.

Quedan excluídas desta convocatoria as entidades que sexan beneficiarias no ano 2016 dun convenio nominativo dentro dela ou de distinta área do Concello da Coruña.

Así mesmo, son requisitos esixibles aos beneficiarios, que deberán estar cumpridos con anterioridade á data da proposta de concesión da subvención, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, os seguintes:

  1. Que teñan sede social ou delegación no termo municipal da Coruña e que estean inscritas no REMAC.

  2. Que, de acordo cos seus estatutos, teñan obxectivos e finalidades que sexan de interese veciñal

  3. Que xustificasen a subvención anteriormente outorgada polo Concello da Coruña, agás que aínda non transcorrese o correspondente prazo de xustificación.

Estes requisitos deberanse cumprir na data na que finalice o prazo de presentación das solicitudes da subvención e deberán manterse todos eles ao longo do ano 2016.

Remuneración / Dotación:

O importe global para esta convocatoria ascende a 30.000 euros, con cargo á aplicación 80.925.489.00, outras transferencias correntes a familias e institucións sen ánimo de lucro, descrita no anexo de transferencias aprobado co Orzamento xeral do Concello para o exercicio 2016, como subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro en materia de participación cidadá.

Abono:

  1. Forma de pago:

Con carácter xeral, o recoñecemento da obriga a favor do beneficiario e o pago da axuda realizarase tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos nesta convocatoria. Con todo, logo da previa solicitude do interesado poderase acordar o pago anticipado da subvención outorgada. Neste caso deberá constituírse unha garantía do 10% do importe total da subvención, que poderá realizarse mediante a retención do pago polo concello da devandita porcentaxe.

Máis información:

1.-Prazo de execución de actividades:

Entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016

2.- Prazo de xustificación de actividades:

Un mes contado a partir da finalización do prazo para a realización da actividade, e no caso de actividades finalizadas con anterioridade á recepción da notificación da resolución definitiva de concesión, o prazo dun mes contarase a partir do día seguinte ao de recepción da notificación. O prazo máximo finaliza o 31 de xaneiro de 2017, inclusive.

3.- Compatibilidade con outras axudas:

A subvención é compatible con outras axudas, de entidades públicas ou privadas. En ningún caso o importe poderá ser de tal contía que illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas supere o custo da actividade subvencionada.

Bases reguladoras:

Ordenanza xeral de subvencións da Área de Benestar

Bases da convocatoria:

CONVOCATORIA-ASOCIACIONES-DE-VECINOS-PROYECTOS-CONCRETOS.pdf (493 KB)

Documentos:

Bases convocatoria subvencións entidades veciñais proxectos concretos en galego (480 KB)

Publicación no BOP do extracto da convocatoria (76 KB)

Publicación BOP corrección de erros convocatoria entidades veciñais proxectos concretos (73 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión