35.000 € brutos/ano
Concelleira de facenda e administración
Áreas de competencia: facenda, tesouraría, persoal e oficina orzamentaria.
Nacín na Coruña. Son licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña e teño un mestrado oficial en Xestión de Políticas Públicas, pendente de tese fin de mestrado, na especialidade social, que abrangue materias sobre políticas públicas, e que me deu unha visión máis completa das políticas alternativas que se están a seguirnoutros sistemas, así como temas de administración electrónica, dereito administrativo, contabilidade pública, facendas locais, mellora de calidade nas administracións, políticas de igualdade de xénero, e outras materias imprescindíbeis para a xestión pública. Actualmente iniciei tamén un mestrado oficial en Dereito da Unión Europea, dereito que nos condiciona a case todos os niveis. Traballei como Persoal de Servizos Xerais no Seras e como Persoal de Administración e Servizos na Universidade da Coruña desde hai case 14 anos. Formei parte dun proxecto de candidatura alternativa formada por PAS da universidade, con representación na Xunta de Persoal, no Claustro e no Consello de Goberno da Universidade da Coruña.
Retribucións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible