Dende o 26 de marzo e durante trinta días hábiles as persoas interesadas poderán presentar alegacións ou suxestións á aprobación inicial do texto que declara este terreo Zona de Situación Acústica Especial
Para público en xeral
Dende o 26/03/2026 ata o 11/05/2026
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria realizada o 18 de marzo de 2026, acordou por unanimidade iniciar o procedemento de declaración da parcela do POL-1 do API S37, sito na avenida da Pasaxe, Lugar Pedro Fernández, coma Zona de Situación Acústica Especial, de conformidade co disposto nos artigos 20 e 26 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, á vista do informe emitido o 20 de febreiro do 2026 polo xefe de Departamento de Actividade Industrial, para a aplicación das medidas correctoras propostas no dito informe co obxectivo de mellorar a calidade acústica da zona e acadar o cumprimento dos OCA correspondentes ao espazo interior.
Na mesma sesión acordouse abrir un período de información pública e audiencia ás persoas e colectivos potencialmente interesados por prazo de 30 días hábiles, computados a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución no BOP da Coruña (núm. 56 de 25.03.2026) e no Sistema de Información Ambiental Municipal.
Para tal fin poderán examinar o texto da declaración a través da web do Servizo de Medio Ambiente ( Descargas documentos e informes ambientais )*.
As alegacións e propostas poderán presentarse en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Rematado o período de información pública e o trámite de audiencia, e logo dos informes técnicos municipais que procedan, a Xunta de Goberno Local acordará a aprobación definitiva.
O acordo de declaración da ZSAE publicarase no BOP e no Sistema de Información Ambiental Municipal, e entrará en vigor ao día seguinte ao da publicación.
Pódese consultar o texto íntegro do documento sometido a información pública tamén no taboleiro de edictos do Concello da Coruña.
*Sección Calidade ambiental - Ruído.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible