Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio
  • Normativa municipal
  • Consulta pública previa sobre o proxecto de Regulamento do Consello Local da Infancia e da Adolescencia da Coruña (CLIAC)

Consulta pública previa sobre o proxecto de Regulamento do Consello Local da Infancia e da Adolescencia da Coruña (CLIAC)

CLIAC

O Concello da Coruña eleva a consulta pública previa o proxecto de Regulamento do Consello Local da Infancia e da Adolescencia da Coruña (CLIAC).

O artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fai referencia á participación da cidadanía no procedemento de elaboración das normas con rango de lei e regulamentos. No seu apartado primeiro establece: "Con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, substanciarase unha consulta pública".

Por conseguinte, a cidadanía poderá achegar as súas suxestións respecto da nova normativa municipal que se prevé aprobar a través deste formulario habilitado na sede electrónica municipal, para o que disporá dun prazo entre o 3 e o 14 de novembro de 2025, ambos incluídos.

Achégase como Anexo a este Anuncio o informe proposta no que se detallan os antecedentes e fundamentos xurídicos, así como o proxecto de Regulamento que se pretende aprobar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión