Concello da Coruña

Concello da Coruña

Normativa en vigor

  • Instrución sobre Transparencia

    Aprobada por Alcaldía o 9 de marzo de 2016. A dita instrución entrou en vigor o día seguinte da súa publicación na páxina web municipal, que tivo lugar o 4 de abril de 2016.

  • Instrucións sobre contratación COVID-19

    Instrucións en relacion ás prestacións derivadas dos contratos públicos no sector público municipal do Concello da Coruña, con ocasión da COVID-19: aplicación do Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19.

  • IV Plan de igualdade do persoal do Concello da Coruña

  • Libro de ordenanzas 2024

  • Orde CMATI sobre a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Coruña.

    Aprobación definitiva do PXOM do Concello da Coruña.

    A Consellería de Medio Ambiente, Territorios e Infraestruturas outorga a aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello da Coruña aprobado inicialmente o en sesión plenaria de 1 de decembro de 2009, e de acordo co establecido no artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, condicionado á introdución das modificacións contidas no apartado II desta orde.

  • Ordenanza Conservación e rehabilitación de inmobles

    É obxecto desta ordenanza regular, para o municipio da Coruña, a obriga de conservación e rehabilitación de terreos, construcións e edificios, co fin de mantelos en estado de seguridade, salubridade, funcionalidade e ornato público, garantíndose as condicións requiridas para a súa habitabilidade e uso efectivo, así como as medidas por incumprimento das devanditas obrigas. Regúlanse, ademais, a determinación dos supostos legais de ruína dos inmobles e o informe de avaliación dos edificios.

  • Ordenanza da Cédula Urbanística

    A cédula urbanística configúrase como un documento público administrativo, acreditativo do réxime urbanístico a que se atopan sometidas as leiras do termo municipal, tanto se están edificadas como libres de edificación, o cal se constitúe en instrumento adecuado para plasmar na práctica o dereito á información urbanística que se recoñece a todo administrado, segundo o principio de publicidade do plan.A ordenanza establece o contido da cédula urbanística e as normas que regulan a súa expedición e tramitación.

    Publicada no BOP Nº 97. Venres, 30 de abril de 1999

  • Ordenanza de concesión de subvencións para mellora da imaxe urbana no ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadería

    Esta Ordenanza regula as condicións para a obtención de axudas para as obras de pintura de fachadas exteriores e reparacións menores das mesmas, así como para a substitución de carteis e rótulos, co fin de unificar o modelo dos mesmos, no ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadería

  • Ordenanza de convivencia e lecer no espazo público

    Aprobación definitiva ordenanza local para regular a convivencia e o lecer no espazo público da cidade da Coruña publicada no BOP núm 142 de 21 xuño 2008

  • Ordenanza de Licenzas de reservas de espazo de entrada e saída de vehículos (Vaos).

    Sométese a licenza municipal o acceso de vehículos automóbiles a todo tipo de inmobles, sempre que sexa necesario cruzar beirarrúas ou outros bens de dominio e uso público, ou que supoña un uso privativo ou unha especial restrición do uso que corresponde a todos os cidadáns, respecto de tales bens, ou impida o estacionamento ou parada doutros vehículos na fronte polo que se realiza devandito acceso.
  • Ordenanza de mercados

    Ten por obxecto o presente Regulamento o regular o funcionamento do servizo de abasto público nos mercados municipais, así como establecer o réxime administrativo dos mesmos

    Publicado no BOP núm 4 de 5 de xaneiro de 2007

  • Ordenanza de obras, instalacións e actividades ou servizos

    Aprobación definitiva Ordenanza Municipal reguladora dos procedementos para a intervención e control na execución de obras, implantación de instalacións e actividades ou servizos.

  • Ordenanza de protección contra a contaminación acústica

    Adaptación ao ámbito local da normativa estatal reguladora da emisión e recepción de ruídos e vibracións.

  • Ordenanza de verteduras e do Servizo Municipal de Saneamento do Concello da Coruña

    A Ordenanza de verteduras e do Servizo de Saneamento do Concello da Coruña ten por obxecto regular o servizo público municipal de saneamento de augas residuais, e fundamentalmente as condicións das verteduras das augas residuais e pluviais e os usos da rede de sumidoiros e colectores de exclusiva titularidade municipal

  • Ordenanza de Vixilancia Nocturna

    De conformidade co disposto no Real decreto 2727/1977, do 15 de outubro, establécese o Servizo de Vixilancia Nocturna, que se desenvolverá en todo o ámbito do termo municipal, con suxeición ás normas desta ordenanza do Real decreto 2727/1977 e Orde Ministerial do 9 de xaneiro de 1978, de desenvolvemento provisional del.

resultados 137

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión