Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Xunta de Goberno Local

foto dunha XGL actual

A Xunta de Goberno Local (XGL) é o órgano que, baixo a presidencia da Alcaldía, colabora de forma colexiada na función de dirección política que lle corresponde a ela, e exerce as funcións executivas e administrativas que se sinalan no artigo 127 da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ademais este órgano regúlase nos artigos 104 ao 107 do Regulamento orgánico municipal

Por Decreto de Alcaldía 5749/2020 (BOP 9 de setembro de 2020) estableceuse a composición da Xunta de Goberno Local, as suplencias da Presidencia, e o seu réxime de sesións.

Composición

Presidencia: Sra. D.ª Inés Rey García , alcaldesa

A persoa titular da Secretaría da JGL é Sr. D. Juan Manuel Díaz Villoslada , actuando como suplentes e por esta orde: Sra. D.ª Diana Sobral Cabanas , Sra. D.ª Eudoxia Neira Fernández e Sra. D.ª Esther Fontán Prado

Funcións e delegacións

A Xunta de Goberno Local poderá delegar nos/as Tenentes de Alcalde, nos demais membros da JGL, nos demais Concelleiros/as, nas Coordinacións Xerais, Direccións Xerais ou órganos similares, as atribucións enumeradas no artigo 127.2 da Lei 7/85 de 2 de abril.

Ademais destas, en sesión constitutiva, extraordinaria e urxente celebrada o 28 de xuño de 2019, a JGL realizou unha serie de delegación de atribucións (comúns e específicas) aos órganos directivos, que se publicaron no BOP do 3 de xullo de 2019.

Réxime de sesións

  1. As sesións ordinarias terán lugar cada catorce días, os mércores ás 09:45 h.
  2. En segunda convocatoria, as sesións ordinarias terán lugar o seguinte día hábil, á mesma hora.
  3. Cando a sesión ordinaria, tanto en primeira como en segunda convocatoria, coincida con día inhábil, terá lugar ao día seguinte hábil á mesma hora. Se coincide coa celebración do Pleno ordinario, celebrarase ao día seguinte á mesma hora.
  4. A Alcaldesa poderá cambiar o día e a hora das sesións, así como suspendelas.
  5. As deliberacións da Xunta de Goberno Local son secretas.
  6. A Alcaldesa poderá convocar a determinadas sesións a concelleiras e concelleiros non pertencentes á Xunta de Goberno Local, así como ás persoas titulares dos órganos directivos.
  7. Entenderanse convocadas todas as sesións ordinarias coa mera remisión da orde do día, debendo ademais ser convocados/as a todas as sesións ordinarias e extraordinarias, a persoa titular da Dirección da Asesoría Xurídica, a persoa titular do órgano a que se refire ou art. 125.1 B h) do ROM, a Intervención Xeral e a Oficialía Maior.
  8. Para axilizar o funcionamento da JGL, utilizaranse exclusivamente medios electrónicos para notificar as convocatorias a todas acódelas asistentes, prescindindo da notificación en papel, e facultándose á Secretaría da Xunta e ao titular do órgano de apoio (Oficialía Maior) para a execución deste acordo e realizar os trámites de xestión oportunos, permitindo tanto o correo electrónico como calquera outro sistema de notificación que se poida implementar.

Réxime de funcionamento

As sesións da Xunta de Goberno Local axustaranse ao disposto na lexislación vixente e no artigo 106 do Regulamento Orgánico Municipal para as sesións plenarias.

Podes consultar a ACTIVIDADE CORPORATIVA das Xuntas de Goberno Local dos últimos anos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión