Concello da Coruña

Concello da Coruña
grupos (símbolos)

Definición e funcións do persoal eventual

De acordo co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP) e coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, son persoas empregadas públicos as que desempeñan funcións retribuídas nas administracións públicas ao servizo dos intereses xerais.

Estas clasifícanse en:

  • Funcionarios/as de carreira
  • Funcionarios/as interinos/as
  • Persoal laboral, xa sexa fixo, por tempo indefinido ou temporal
  • Persoal eventual

De conformidade co TREBEP, é persoal eventual o que, en virtude de nomeamento e con carácter non permanente, só realiza funcións expresamente cualificadas como de confianza ou asesoramento especial, e é retribuído con cargo aos créditos orzamentarios consignados para este fin. Ao persoal eventual seralle aplicable, no que sexa adecuado á natureza da súa condición, o réxime xeral do funcionariado de carreira.

A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LBRL) establece que lle corresponde a cada corporación local aprobar anualmente, a través do orzamento, o cadro de persoal, que deberá comprender todos os postos de traballo reservados a funcionarios/as, persoal laboral e eventual. O cadro de persoal do Concello da Coruña para o ano 2025 foi publicado no BOP número 7, do 11.04.2025, con motivo da entrada en vigor do orzamento aprobado de forma definitiva.

O nomeamento e cesamento do persoal eventual é libre e correspóndelle ao/á alcalde/alcaldesa ou ao/a presidente/a da entidade local correspondente. Cesan automaticamente, en todo caso, cando se produza o cesamento ou expire o mandato da autoridade á que presten a súa función de confianza ou asesoramento.

No caso dos concellos que se rexen polo réxime de organización dos municipios de gran poboación, como é o da Coruña, é unha das atribucións da Xunta de Goberno Local aprobar o número e réxime do persoal eventual.

As dotacións de postos de traballo cuxa cobertura corresponda a persoal eventual nos concellos deberanse axustar aos seguintes límites e normas:

f) Os concellos de municipios con poboación superior a 75.000 e non superior a 500.000 habitantes (como é o caso da Coruña) poderán incluír nos seus persoais postos de traballo de persoal eventual por un número que non poderá exceder do número de concelleiros/as da corporación local (a corporación coruñesa componse de 27 membros).

Persoal eventual no Concello da Coruña

De acordo co cadro de persoal do Concello da Coruña, o persoal eventual é o seguinte:

CONSELLEIRO/A TÉCNICO/A TIPO II

8

CONSELLEIRO/A TÉCNICO/A TIPO III

6

CONSELLEIRO/A TÉCNICO/A TIPO IV

9

CONSELLEIRO/A TÉCNICO/A TIPO V

4

TOTAL PERSOAL EVENTUAL

27

As retribucións salariais do persoal eventual figuran nas bases de execución do orzamento do Concello da Coruña vixente para o ano 2025.

No BOP número 178 de 16.09.2024, publicáronse nomeamentos do persoal eventual do Concello da Coruña.

A relación actual do persoal eventual é a seguinte:

CONSELLEIROS/AS TÉCNICOS/AS TIPO II:

  • Castrillo Neira, José María
  • Eiroa Millares, Eduardo
  • Escrigas López-Dafonte, Carmen A.
  • Facal Castro, María Teresa
  • Pena Rodríguez, Manuel
  • Pérez Sancho, Álvaro Benedicto

CONSELLEIROS/AS TÉCNICOS/AS TIPO III:

  • Bello Alfonso, Ana
  • Boga Sánchez, Juan Carlos
  • García Rivero, Paula
  • Gómez Pérez, Patricia
  • Quintela Casás, Borja

CONSELLEIROS/AS TÉCNICOS/AS TIPO IV:

  • Capelán Picado, Brais
  • Díez Nieto, David
  • Fernández Abet, Alba María
  • Mexuto Seoane, Xosé Manuel
  • Pérez Gómez, Andrés
  • Pintos López, Juan Antonio
  • Rei García, Francisco Xosé
  • Rey Barrios, Sonia
  • Varela Varela, Pablo

CONSELLEIROS/AS TÉCNICOS/AS TIPO V:

  • Casal Fernández, Laura
  • Siota Mouzo, Ignacio
  • Villar Paredes, María Paz

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión