2019
Subvenciones nominativas
O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración económica entre o Concello da Coruña e a ASOCIACIÓN NOVAS EMPRESARIOS DA CORUÑA - AJE CORUÑA co fin de contribuír ao desenvolvemento de programas para o emprendimiento empresarial mediante a execución do Programa Adiante! que consiste en desenvolver "20 proxectos con capacidade de ser levados a cabo como alternativa laboral fronte á opción de conta allea ou axuda en consultoría nos proxectos que xa están encamiñados".
Os obxectivos fundamentais do programa son:
· Promover o emprendimiento social e reactivar a economía da cidade.
· Estimular o crecemento das pemes da Cidade da Coruña.
· Proporcionar os métodos e ferramentas para iniciar unha actividade empresarial.
· Coñecer as áreas da empresa que debe desenvolver todo emprendedor.
· Axudar e estimular a aqueles proxectos que xa están no mercado pero que teñen problemas para continuar.
As actividades que teñen cabida neste convenio que se desenvolverán entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2019, son:
· Xornada divulgativa
· Formación
· Titorías
· Consultoría
· Acto de clausura
As tarefas que complementan e son necesarias para o desenvolvemento da formación e acompañamento de persoas emprendedoras son:
· deseño de cartelería
· reportaxe gráfica
34.783,10 €
Asociación Marineda de Novos Empresarios
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible