2018
Subvenciones nominativas
O prazo máximo de presentación no Rexistro Xeral, da Memoria Avaliativa Final e documentación xustificativa será o 28 de febreiro de 2019. Asociación PROVIVIENDA deberá presentar a documentación xustificativa da subvención.
Constitúe o obxecto do presente convenio articular a colaboración conxunta entre as dúas partes, para a implementación e execución na cidade da Coruña dun programa de loita contra o sinfogarismo baseado no modelo Housing First. Este modelo de carácter innovador, baséase no enfoque orientado á vivenda. Para iso facilítase o acceso de persoas sen teito ou sen vivenda (categoría ETHOS elaborada por FEANTSA) en situación de cronicidade e con patoloxías asociadas, ao alugueiro en vivendas unipersoais con carácter permanente e incondicional, dispoñendo do apoio dun profesional encargado de acompañar no seu proceso de incorporación social.
As partes comprométense a sustentar a atención socio-educativa en programas individuais de atención, sempre desde o punto de vista do respecto á natureza propia do programa, co consecuente respecto á liberdade de decisión da persoa usuaria, asumindo o compromiso de sustentar a atención das persoas no modelo Pathways Housing First, baseado no respecto das eleccións das persoas e os tempos necesarios para a súa posta en marcha.
67.000,00 €
Asociación Provivienda
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible