2026
Subvenciones nominativas
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o CONCELLO e a ENTIDADE, co fin de contribuír ao financiamento dos gastos derivados das actividades desenvolvidas pola Cátedra de Memoria Histórica no ano 2026: documental "A Coruña Republicana. II Parte"; edición das gravacións do encontro de investigadores/as e representantes de comités e comisións de memoria histórica (tecido social memorialístico), organizado pola Cátedra de Memoria Histórica no 2025; edición do libro "Memoria Histórica. Investigación e tecido memorialístico. Un balance"; edición facsímile do xornal "Ser. Semanario galego de Esquerdas"; folleto publicitario das actividades da Cátedra de Memoria Histórica subvencionadas polo Concello da Coruña e publicidade destas en medios de comunicación.
A especificación da finalidade citada consta descrita na memoria que presentou a ENTIDADE en data 09.06.2026 que se insire no presente convenio como anexo.
En calquera caso, as actividades ou proxecto que se financian con cargo a este convenio desenvolveranse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano actual
25.000,00 €
UNIVERSIDADE DÁ CORUÑA
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible