Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio coa USC para a Planificiación e a Estratexia de Crecemento Social e Económico Sustentable

Ano:

2026

Tipo:

Subvenciones nominativas

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello e a USC, co fin de contribuír á planificación e á estratexia de crecemento social e económico sustentable da cidade durante o ano 2026.

A especificación da finalidade citada consta descrita na memoria que achegou a USC o día 22.07.2026, así como na memoria xustificativa asinada por esta administración municipal o 23.07.2026, elaborada para a tramitación deste convenio, en cumprimento dos requisitos da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (LRXSP).

A actividade consiste na realización de traballos de investigación e actividades de I+D+i en materia de desenvolvemento urbano sustentable da Coruña, o que require prestarlles unha atención específica a tres dimensións estreitamente vinculadas entre si: i) a dimensión metropolitana e a súa gobernanza; ii) a adaptación ao cambio climático e a renaturalización urbana; iii) o acceso á vivenda e a evolución do mercado residencial.

Partindo deste contexto, o obxectivo que se persegue con esta actividade é fomentar estudos que favorezan o deseño de políticas urbanas encamiñadas a reforzar a gobernanza metropolitana da cidade, a avanzar na súa adaptación ao cambio climático a través de estratexias de renaturalización urbana e a mellorar o coñecemento sobre a evolución do mercado da vivenda, e contribuír así a un novo modelo de cidade máis sustentable, resiliente, saudable e inclusivo.

As accións que se levarán a cabo pasan pola colaboración da USC na análise e no deseño de estratexias de coordinación e gobernanza a escala metropolitana, así como no seu encaixe coa planificación estratéxica da cidade; apoiar na identificación e o deseño de estratexias de renaturalización, de infraestrutura verde e de adaptación ao cambio climático no ámbito urbano; contribuír ao seguimento e á análise da evolución do mercado residencial na cidade como base para o deseño de políticas públicas de vivenda; e, con carácter transversal, apoiar na formulación de políticas públicas innovadoras para o desenvolvemento urbano sustentable e no fortalecemento dos instrumentos de planificación e xestión municipal.

Remuneración / Dotación:

33.000,00 €

Entidade:

Universidade de Santiago de Compostela

Documentos:

CONV USC 33.000 CAST (1 MB)

CONV USC 33.000 GAL (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión