2022
Subvenciones nominativas
O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración técnica e económica entre Concello da Coruña e Adega para levar a cabo/realizar a actividade/proxecto "Actividades de protección ambiental: residuos, ríos, especies invasoras, custodia do territorio", consistente na realización de seis limpezas ecolóxicas en dous ecosistemas litorais no concello da Coruña, e a realización dunha xornada formativa sobre limpezas ecolóxicas.
As actividades que teñen cabida neste convenio desenvolveranse entre os meses de setembro e decembro de 2022, facendo coincidir algunha das limpezas de praias co Día mundial das praias -17 de setembro-, e algunha das limpezas de ríos coa "Limpeza Simultánea de Ríos" -25 de setembro-. A xornada formativa levarase a cabo en novembro, coincidindo coa Semana Europea de Prevención de Residuos.
10.000,00 €
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible