2020
Subvenciones nominativas
O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración técnica e económica entre o Concello da Coruña e Saúde Mental FEAFES Galicia para levar a cabo o desenvolvemento dun proxecto de prospección e inserción laboral de persoas con enfermidades mentais.
As actividades que teñen cabida neste convenio, que van dirixidas a 60 persoas con problemas de saúde mental que están en situación de iniciar unha procura activa de emprego para acceder ao mercado laboral, desenvolveranse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.
O proxecto persegue os seguintes obxectivos e características:
* Aumentar a empleabilidad das 60 persoas participantes con problemas de saúde mental.
* Identificar e desenvolver o perfil profesional, partindo da experiencia laboral e formación propia, así como das habilidades, coñecementos e experiencias persoais e profesionais e dirixir o proceso de capacitación.
* Formar usuarios capaces de localizar, identificar e empregar as fontes de información laboral.
*Formar usuarios capaces de elaborar o seu currículo vitae e redactar cartas de presentación.
* Ensinar aos usuarios o manexo de entrevistas laborais.
* Formar individualmente usuarios en áreas específicas (competencias básicas, técnicas ou profesionais) que lles capaciten para o desempeño dunha ocupación e/ou para actualizar ou reconverter o seu perfil profesional.
* Seguimento e apoio nas accións formativas que os demandantes leven a cabo coa finalidade de favorecer o seu mantemento e obtención de resultados positivos.
* Captar ofertas de emprego axustadas aos perfís dos demandantes.
* Promover convenios de colaboración de prácticas formativas.
* Intermediar diante de posibles empleadores.
* Sensibilizar e asesorar ao tecido empresarial para a contratación de persoas con discapacidade mental e á sociedade en xeral.
* Seguimento e apoio a aquelas persoas que inicien unha actividade laboral e presenten determinadas dificultades, tratando de garantir a súa continuidade e promoción no posto de traballo.
Desenvolveranse as actuacións de acordo aos obxectivos especificados na memoria correspondente, e estarán estruturadas a través das seguintes actividades:
* Selección, estudo e valoración de candidatos.
* Información, orientación, asesoramento e apoio individualizado no proceso de inserción laboral.
* Formación transversal e prelaboral dos demandantes (individual).
* Prospección e Intermediación laboral.
* Apoio e seguimento individualizado no posto de traballo.
* Proceso de avaliación.
28.000,00 €
Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible