Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio RAIS para o desenvolvemento do programa de atención a persoas sen fogar a través do modelo Housing First

Ano:

2018

Tipo:

Subvenciones nominativas

Obxecto:

Constitúe o obxecto do presente convenio articular a colaboración conxunta entre as dúas partes, para a implementación e execución na cidade da Coruña dun programa de loita contra o senfogarismo baseado no modelo Housing First.

Este modelo de carácter innovador, baséase no enfoque orientado á vivenda. Para iso facilítase o acceso de persoas sen teito ou sen vivenda (categoría ETHOS elaborada por FEANTSA) en situación de cronicidade e con patoloxías asociadas, ao alugueiro en vivendas unipersoais con carácter permanente e incondicional, dispoñendo do apoio dun profesional encargado de acompañar no seu proceso de incorporación social.

As partes comprométense a sustentar a atención socio-educativa en programas individuais de atención, sempre desde o punto de vista do respecto á natureza propia do programa, co consecuente respecto á liberdade de decisión da persoa usuaria, asumindo o compromiso de sustentar a atención das persoas no modelo Pathways Housing First, baseado no respecto das eleccións das persoas e os tempos necesarios para a súa posta en marcha.

Remuneración / Dotación:

9.815,29 €

Entidade:

Fundación de Rede de Apoio á Integración Sociolaboral

Documentos:

Convenio RAIS castelán (767 KB)

Convenio RAIS galego (712 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión