2016
Subvenciones nominativas
26 de decembro de 2016
Unha vez efectuado o pago da correspondente certificación, a UDC terá que acreditar documentalmente ante o Concello da Coruña a efectividade dos pagos realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir do ingreso na conta bancaria da beneficiaria de cada un dos aboamentos das certificacións. Esta xustificación deberase efectuar necesariamente antes da presentación da seguinte certificación.
Finalizada a obra e antes da finalización da vixencia do convenio, a entidade Universidade da Coruña en liña co arriba exposto deberá presentar a documentación xustificativa no Rexistro Xeral.
O obxecto do presente convenio é articular a colaboración entre o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña coa finalidade de contribuír economicamente á renovación da pista de atletismo do Estadio de Elviña, que se desenvolverá no presente exercicio e no 2017.
300.000,00 €
O obxecto do presente convenio é articular a colaboración entre o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña coa finalidade de contribuír economicamente á renovación da pista de atletismo do Estadio de Elviña, que se desenvolverá no presente exercicio e no 2017; xa que a tardanza de aprobación do orzamento actual fai fisicamente imposible a execución do obxecto da colaboración no actual exercicio. Ben entendido que a eficacia desta posibilidade queda condicionada á aprobación da incorporación de remanentes orzamentarios ao exercicio 2017 e descártase expresamente calquera gasto plurianual.
Universidade da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible