Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio Unión Xeral de Traballadores para realizar dous cursos de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais

Ano:

2016

Tipo:

Subvenciones nominativas

Fecha de publicación:

26 de setembro de 2016

Prazo de presentación:

As actuacións levaranse a cabo no período de vixencia do presente convenio de colaboración, polo que o prazo para a execución das accións comprenderá desde o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do ano en curso. En consecuencia, as facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil, deberán ser emitidas dentro do referido período.

Unha vez finalizada a actividade e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio UXT deberá presentar a documentación xustificativa da subvención no Rexistro Xeral.

Obxecto:

O presente convenio ten por obxecto contribuír á execución de dous "cursos de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais" que pretende realizar a UXT.

Estes cursos desenvolveranse en instalacións da entidade, habilitadas para a impartición de formación profesional ocupacional e regulada, a través das que, a entidade conta cunha grande experiencia e preparación no deseño e desenvolvemento deste tipo de formación.

O curso ten as seguintes características e obxectivos:

Trátase dun curso de formación e capacitación profesional para o sector da limpeza, consistente na impartición dun curso de formación ocupacional que habilite as persoas participantes para a limpeza, tratamento e mantemento de superficies e mobiliario en edificios e locais, con especial incidencia na limpeza de chans, paredes, teitos e cristais incluíndo técnicas e procedementos de limpeza con maquinaria.

Cada curso ten unha duración aproximada de 249 horas teórico - prácticas, para desenvolver nos meses de setembro a decembro de 2016, e o alumnado beneficiario desta formación son un máximo de 15 persoas desempregadas.

En relación coas prácticas, a entidade beneficiaria presentará unha proposta de empresas ou institucións nas que se desenvolverán estas, antes de que transcorra o 25% das horas de formación específica, que en todo caso, deberá ser aprobada polo equipo técnico do Concello.

Os módulos de prácticas profesionais deberanse formalizar a través de convenios de colaboración entre a entidade beneficiaria e a/as empresas de prácticas, estes convenios supoñerán, en todo caso, a cooperación voluntaria do empresariado.

Remuneración / Dotación:

28.661,95 €

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento da obriga a favor da entidade beneficiaria e o pago da achega realizarase tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos neste convenio. Producirase a perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 da LXS.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados de ata un 80% da subvención, que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, deberá ser solicitado expresamente pola entidade beneficiaria e deberase constituír unha garantía de ata un 20% do importe total da subvención, que se realizará mediante a retención do pago polo Concello, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, procederase á devolución da cantidade retida en concepto de garantía

Entidade:

Unión Xeral de Traballadores

Documentos:

Texto convenio UXT en castelán (75 KB)

Texto convenio UXT en galego (73 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión