Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria específica de subvencións destinadas ao fomento e apoio á creación de empresas no municipio da Coruña (Ref. 602017003)

Ano:

2017

Tipo:

En concurrencia

Inscricións:

Dende o 31/10/2017 ata o 30/11/2017

Prazo de presentación:

A solicitude de subvención presentarase na sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gob.es no prazo DUN MES que se contará a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. (BOP núm. 206 de 30.10.2017)

A documentación acreditativa da xustificación da subvención deberase presentar na sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gob.es con destino ao órgano instrutor, o Departamento de Promoción Económica, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da recepción da notificación/publicación da resolución definitiva de concesión.

Obxecto:

O obxecto desta convocatoria consiste en outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para apoiar novos proxectos empresariais emprendidos no ámbito municipal co obxecto de apoiar a posta en marcha da súa actividade, mediante o financiamento do alugamento da estancia permanente nun espazo de traballo compartido como: centro coworking, viveiro de empresas, centro de negocios ou similares.

A quen vai dirixido?:

Poderán acceder á condición de persoa beneficiaria para os efectos da presente convocatoria, calquera persoa física ou xurídica cun novo proxecto empresarial, sexa empresaria individual ou integrada nunha sociedade civil, mercantil, laboral, cooperativa ou comunidade de bens que, ademais de cumprir os requisitos establecidos no art. 11 e 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e os fixados na base 2 cumpran tamén os seguintes, que deberán estar cumpridos con anterioridade á data da proposta de concesión da subvención e manterse ao longo de todo o prazo de execución da actividade subvencionada:

  1. Constituír a empresa entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de xuño de 2017. Entenderase como data de inicio de actividade a correspondente á alta no censo de obrigados tributarios (alta definitiva), e de ser o caso referida esta a a da sociedade (declaración censal).

    Non poderán ser beneficiarias as empresas que formen parte dun grupo empresarial.

  2. Os promotores non poderán desenvolver a mesma actividade ou similar (entenderase por mesma ou similar actividade a coincidencia a nivel de tres díxitos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas) dentro dos 12 meses anteriores á data de alta da empresa obxecto da subvención.

Que teñan o domicilio social e fiscal no termo municipal da Coruña. Terase en conta para determinar o domicilio social/fiscal das persoas beneficiarias o domicilio que figure nos datos censuais.

Remuneración / Dotación:

O importe global das subvencións obxecto desta convocatoria específica é de cincuenta mil euros (50.000,00 €), gasto imputable á aplicación orzamentaria 60.433.470.00 do orzamento municipal do exercicio en vigor.

As axudas son a fondo perdido e o importe máximo da axuda por empresa será de tres mil euros (3.000,00 €).

Abono:

O pago da subvención concedida realizarase logo da previa aceptación da subvención nos termos establecidos na normativa reguladora da subvención.

O pago realizarase mediante o ingreso na conta bancaria indicada pola persoa beneficiaria na solicitude de subvención.

Documentos:

Bases convocatoria creación empresas en castelán (464 KB)

Bases convocatoria creación empresas en galego (471 KB)

Anexos Xustificación en castelán (72 KB)

Anexos Xustificación en galego (75 KB)

Anexos Solicitude en castelán (88 KB)

Anexos Solicitude en galego (83 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión