As persoas adxudicatarias dos hortos urbanos do Agra do Orzán que tiveron que deixar as súas parcelas de cultivo por mor das obras do polígono residencial de Visma poderán beneficiarse dun tempo adicional de uso dos hortos que se habiliten na próxima convocatoria
Para público en xeral
Dende o 28/11/2025 ata o 31/12/2025
Co inicio das obras para urbanizar o Sector II de San Pedro de Visma as personas adxudicatarias dos hortos urbanos do Parque do Agra do Orzán viron extinguidas as autorizacións de uso sobre os ditos espazos antes da finalización da convocatoria de hortos 2022-2026. Para compensar ás usuarias e usuarios que tiveran autorización vixente no momento da dita extinción anticipada (31.10.2024) o Concello ofreceralles a posibilidade de desfrutar dunha parcela no novo parque de hortas que se habilite en Visma, durante un período equivalente ao tempo non desfrutado, que abranguerá dende marzo de 2026 ata o 15 de xuño de 2027.
Esta compensación tan só beneficiará a quen, tras presentar a solicitude nos termos e prazos sinalados neste aviso, non resulte adxudicataria/as dunha parcela para o período completo establecido na nova convocatoria.
Será imprescindible, polo tanto, que as persoas interesadas presenten a solicitude para a nova convocatoria de hortos urbanos 2026-2029, cuxas bases se publicarán, previsiblemente, antes de que finalice o vixente ano.
Na devandita solicitude, que se deberá presentar dentro do prazo que se indicará nas mencionadas bases, terán que solicitar parcela no parque de San Pedro de Visma. No caso de indicar outro parque diferente entenderase que renuncian a toda compensación.
A nova convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) e na páxina web do Concello (www.coruna.gal/medioambiente/gl/sectores-ambientais/espazosverdes/ecohortas) Para calquera dúbida, poden contactar co servizo de Medio Ambiente no teléfono 981 184 315.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible