Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Instrución sobre a actividade contractual do Concello da Coruña

Fecha de publicación:

18 de novembro de 2019

A Instrución incorpora un conxunto de medidas instrumentais para mellorar a actividade contractual en eficacia, programación e efectos estratéxicos da contratación: aspectos sociais, ambientais, de innovación, de fomento das "Pemes", de actividade económica agregada e a escala.

En consecuencia, persigue:

  • Reorganizar e reforzar o servizo de contratación.
  • A centralización da contratación, acorde a especialización do servizo de contratación.
  • A concentración de trámites no funcionamento das mesas de contratación, procurando, na maior brevidade posible, a operativa electrónica das mesmas.
  • A participación do servizo de contratación, especializado na lexislación contractual, na fase de execución do contrato, sen prexuízo das intervencións preceptivas e dos propios centros xestores e dos responsables, a fin de homoxeneizar trámites e harmonizar respostas.
  • Dispoñer de información en formato electrónico (rexistro de contratos) sobre contratos vixentes, trámites substanciais na fase de execución, data de finalización, prórrogas, eventuais modificacións... Esta información continuada sobre os contratos existentes e a súa evolución, permitirá render información aos órganos de goberno, aos rexistros administrativos e aos distintos centros de control. Tamén facilitará a necesaria programación das licitacións, con antelación suficiente ao seu vencemento, para evitar prestacións sen contrato.
  • Avaliar a actividade prestacional a fin de decidir, con parámetros de economía, eficiencia, sustentabilidade e calidade das prestación, en cada momento, acudir a prestacións externalizadas ou ben, a autoprovisión de bens e servizos, con medios propios.
  • Programar a actividade contractual de forma que se apliquen técnicas de agregación na provisión externa de bens e servizos ao concello, se diminúan os custes de funcionamento, se aplique efectivamente a contratación pública estratéxica e se consiga unha maior eficacia na calidade da actividade contractual.

Documentos:

Instrución sobre a actividade contractual do Concello da Coruña (757 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión