Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Que é un plan estratéxico?

Debuxo de man e múltiples iconas

Estes planes definen o que se pretende conseguir e como se propón conseguilo despois de coñecer o punto de partida. Trátase de establecer os procedementos e consensuar as grandes decisións que van orientar o futuro da nosa cidade.

Un plan estratéxico consta de dous grandes bloques de actuación:

  • Diagnóstico estratéxico, no que se avalía a situación actual da cidade e da xestión municipal a través de indicadores obxectivos.
  • Definición de liñas estratéxicas, onde se establecen aqueles plans, programas e proxectos para desenvolver a medio e longo prazo para acadar os obxectivos.

Estratexia Integrada EIDUS Coruña

Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sustentable (EIDUS-Coruña)  é un proxecto ideado ou concibido para definir o futuro da cidade de forma participativa desde unha perspectiva que incorpora toda a reflexión estratéxica sectorial realizada na cidade nos últimos anos, a realizada por organismos e institucións cuxas actuacións lle afectan á cidade e a marcada polas últimas orientacións europeas que salientan a necesidade da transversalidade e incorporan o criterio de lograr sinerxías e coherencia entre diversos documentos de visión estratéxica sectorial.

+ INFORMACIÓN

Estratexia Metropolitana

A Estratexia Metropolitana da área da Coruña xorde como un instrumento para resolver os problemas existentes e ofrecer propostas alternativas para conseguir unha área urbana mellor, tomando como base o traballo desenvolto xa polos distintos concellos que a conforman: Abegondo, A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, co apoio do Consorcio das Mariñas.

Comezou a súa andaina o 7 de xaneiro de 2016, e tras varias xuntanzas, finalmente materializouse coa denominada " Declaración de María Pita " asinada o 20 de outubro de 2016 por varios alcaldes e alcaldesas da comarca, e mostra o compromiso das distintas corporacións asinantes (e aquelas que se poidan adherir con posterioridade) por impulsar a creación da Área Metropolitana da Coruña ( AMAC), que permita definir liñas de actuación para abordar os retos económicos, ambientais, climáticos, sociais e demográficos aos que ten que facer fronte unha área metropolitana que pretende iniciar a súa andaina como tal, que se pretende plasmar mediante a aprobación no Parlamento de Galicia dunha normativa específica que a regule, a Lei da área metropolitana, que partirá inicialmente dos concellos, pero sumará tamén os partidos, a Deputación e a Xunta.

Para levar a cabo todo isto é fundamental unha sólida colaboración entre a cidadanía, os axentes sociais, os económicos, e entre as diversas administracións do territorio.

+ INFORMACIÓN

Estratexia local contra o cambio climático 2014-2020

O Concello da Coruña a través da presente Estratexia local fronte ao cambio climático propón toda unha serie de actuacións dirixidas a unha redución efectiva dos gases de efecto invernadoiro producidos no municipio pola actividade urbana, contribuíndo dese xeito a cumprir cos obxectivos fixados no Pacto dos Alcaldes, incluíndose tamén outras medidas de fomento dirixidas a outros sectores, como o industrial. A estratexia local propoñerá toda unha serie de actuacións que contribúan a mitigar os efectos do cambio climático garantindo así o benestar da cidadanía.

+ INFORMACIÓN

Desenvolvemento da estratexia: + INFO

Axenda Urbana

Para acadar as metas de cada Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable todo o mundo ten que facer a súa parte: os gobernos, o sector privado, a sociedade civil, a cidadanía etc.

"O papel dos gobernos locais e rexionais e as súas asociacións no logro dos ODS é crucial, xa que é a nivel local onde se pode preservar o enfoque de igualdade para a implementación dos ODS a nivel nacional. O logro dos ODS depende en gran medida da participación activa dos GGLL, xa que todos os ODS inclúen metas relacionadas con competencias e responsabilidades da esfera local e municipal, principalmente na prestación de servizos básicos e na promoción do desenvolvemento territorial endóxeno, inclusivo e sustentable. De aí a importancia das redes de cidades e gobernos locais como catalizadores e sistemas de apoio para o fortalecemento do seu rol en tres niveis: institucionalidade, incidencia política e alianzas". (Plan de Acción para a Implementación da Axenda 2030: Cara a unha Estratexia Española de Desenvolvemento Sustentable).

Como Administración máis próxima á cidadanía, debemos asumir os nosos retos, debemos asumir os nosos compromisos coa Coruña, con Galicia e con España, así como coa saúde e o benestar do planeta e das súas e os seus habitantes. A Axenda Urbana da Coruña debe conformarse como a nosa achega en clave local á sustentabilidade global. 

+ INFORMACIÓN

Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS)

Es un documento elaborado coa participación cidadá que ten como obxectivo lograr unha mobilidade máis sustentable, e para garantir que o transporte se axuste ás necesidades económicas, sociais e ambientais das persoas.

O PMUS é unha "ferramenta" para conseguir unha serie de obxectivos, como mellorar a seguridade viaria, a accesibilidade, os servizos de transporte público..., fomentando modos de transporte máis sustentables, controlando os crecentes volumes de tráfico e buscando a mellora da calidade de vida das persoas.

+ INFORMACIÓN

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión