A Xunta de Goberno Local (XGL) é o órgano que, baixo a presidencia da Alcaldía, colabora de forma colexiada na función de dirección política que lle corresponde, e exerce as funcións executivas e administrativas que se sinalan no artigo 127 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ademais este órgano regúlase nos artigos 104 ao 107 do Regulamento orgánico municipal
Por Decreto de Alcaldía 5749/2020 (BOP 9 de setembro de 2020) estableceuse a composición da Xunta de Goberno Local, as suplencias da Presidencia, e o seu réxime de sesións.
Composición
Presidencia: Sra. D.ª Inés Rey García , alcaldesa
A persoa titular da Secretaría da XGL é a Sra. D.ª Diana Sobral Cabanas , actuando como suplentes e por esta orde: Sra. D.ª Eudoxia Neira Fernández e Sra. D.ª Esther Fontán Prado
Funcións e delegacións
A Xunta de Goberno Local poderá delegar nos/as Tenentes de Alcalde, nos demais membros da XGL, nos demais Concelleiros/as, nas Coordinacións Xerais, Direccións Xerais ou órganos similares, as atribucións enumeradas no artigo 127.2 da Lei 7/85 de 2 de abril.
Ademais destas, en sesión constitutiva, extraordinaria e urxente celebrada o 28 de xuño de 2019, a JGL realizou unha serie de delegación de atribucións (comúns e específicas) aos órganos directivos, que se publicaron no BOP do 3 de xullo de 2019.
Réxime de sesións
Réxime de funcionamento
As sesións da Xunta de Goberno Local axustaranse ao disposto na lexislación vixente e no artigo 106 do Regulamento orgánico municipal #TEXT#para as sesións plenarias.
Podes consultar a ACTIVIDADE CORPORATIVA das Xuntas de Goberno Local dos últimos anos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible