
De acordo co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP) e coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, son persoas empregadas públicos as que desempeñan funcións retribuídas nas administracións públicas ao servizo dos intereses xerais.
Estas clasifícanse en:
De conformidade co TREBEP, é persoal eventual o que, en virtude de nomeamento e con carácter non permanente, só realiza funcións expresamente cualificadas como de confianza ou asesoramento especial, e é retribuído con cargo aos créditos orzamentarios consignados para este fin. Ao persoal eventual seralle aplicable, no que sexa adecuado á natureza da súa condición, o réxime xeral do funcionariado de carreira.
A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LBRL) establece que lle corresponde a cada corporación local aprobar anualmente, a través do orzamento, o cadro de persoal, que deberá comprender todos os postos de traballo reservados a funcionarios/as, persoal laboral e eventual. O cadro de persoal do Concello da Coruña para o ano 2025 foi publicado no BOP número 7, do 11.04.2025, con motivo da entrada en vigor do orzamento aprobado de forma definitiva.
O nomeamento e cesamento do persoal eventual é libre e correspóndelle ao/á alcalde/alcaldesa ou ao/a presidente/a da entidade local correspondente. Cesan automaticamente, en todo caso, cando se produza o cesamento ou expire o mandato da autoridade á que presten a súa función de confianza ou asesoramento.
No caso dos concellos que se rexen polo réxime de organización dos municipios de gran poboación, como é o da Coruña, é unha das atribucións da Xunta de Goberno Local aprobar o número e réxime do persoal eventual.
As dotacións de postos de traballo cuxa cobertura corresponda a persoal eventual nos concellos deberanse axustar aos seguintes límites e normas:
f) Os concellos de municipios con poboación superior a 75.000 e non superior a 500.000 habitantes (como é o caso da Coruña) poderán incluír nos seus persoais postos de traballo de persoal eventual por un número que non poderá exceder do número de concelleiros/as da corporación local (a corporación coruñesa componse de 27 membros).
Persoal eventual no Concello da Coruña
De acordo co cadro de persoal do Concello da Coruña, o persoal eventual é o seguinte:
|
CONSELLEIRO/A TÉCNICO/A TIPO II |
8 |
|
CONSELLEIRO/A TÉCNICO/A TIPO III |
6 |
|
CONSELLEIRO/A TÉCNICO/A TIPO IV |
9 |
|
CONSELLEIRO/A TÉCNICO/A TIPO V |
4 |
|
TOTAL PERSOAL EVENTUAL |
27 |
As retribucións salariais do persoal eventual figuran nas bases de execución do orzamento do Concello da Coruña vixente para o ano 2025.
No BOP número 178 de 16.09.2024, publicáronse nomeamentos do persoal eventual do Concello da Coruña.
A relación actual do persoal eventual é a seguinte:
CONSELLEIROS/AS TÉCNICOS/AS TIPO II:
CONSELLEIROS/AS TÉCNICOS/AS TIPO III:
CONSELLEIROS/AS TÉCNICOS/AS TIPO IV:
CONSELLEIROS/AS TÉCNICOS/AS TIPO V:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible