Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Xénero e feminismos nas bibliotecas

xénero e feminismos

Imaxe do proxecto "Xénero e feminismos"

As bibliotecas son institucións consideradas fundamentais para acadar os 17 obxectivos de Desenvolvemento Sostible da nova Axenda 2030 das Nacións Unidas:

  • obxectivo nº 5: Acadar a igualdade entre xéneros e empoderar a todas as mulleres e as nenas,
  • obxectivo nº11: Lograr que as ciudades e os asentamientos humanos sexan inclusivos.

Partindo destes dous obxectivos, desenvólvese este proxecto que permitirá levar a accións que melloren o acceso e a difusión da información sobre temas como feminismos, violencias, diversidades afectivo sexuais... e, ademais, colaborar nunha educación inclusiva na nosa cidade. Por este motivo e porque as políticas de igualdade e diversidade son prioritarias e, polo tanto, deben ser transversais e impregnar todas as outras políticas, as BMC desenvolvemos este proxecto denominado "Xénero e Feminismos nas BMC".

En que consiste?

Nunha serie de accións que se desenvolverán a partir do día 6 de marzo de 2018 e que dan resposta á crecente demanda cidadá de información e debate sobre temas relacionados cos feminismos, as violencias machistas e as diversidades afectivo sexuais, todos eles tratados dende  múltiples enfoques: económico, político, histórico, sociolóxico... Proxecto que, ademais, este ano 2018 se concreta na constitución dunha colección especializada, en forma de centro de interese na Biblioteca Ágora, con máis de 500 documentos relacionados cos temas mencionados e a programación de dúas actividades ao largo do ano: exposición sobre mulleres científicas chamada "Muller tiña que ser" e ciclo de cine de xénero "Purplewatching".

Cales son os obxectivos?

  • Proporcionar espazos para todos aqueles colectivos e organizacións, así como a persoas que de xeito individual traballan na visibilidade e consecución da igualdade dos dereitos das mulleres e colectivos LGTBIQ.
  • Dar entidade e amosar os contidos relacionados con Muller e LGTBIQ, apoiando as accións que cada ano son desenvoltas no marco do Concello da Coruña arredor desta temática (Día do Orgullo e da Muller traballadora).
  • Poñer en valor e dar a coñecer o fondo que ten a cidadanía á súa disposición nun centro de interese con contido especializado.
  • Apoiar entre a veciñanza un modelo de sociedade formado e informado en cuestións de igualdade, respecto e loita pola defensa da diversidade e dos dereitos humanos.
  • Abrir espazos de debate, actividades  e experiencias de traballo arredor desta cuestión que se desenvolvan na cidade e que supoñan un exemplo de "mainstreaming" de xénero.

Liñas estratéxicas

  • Enriquecimento da colección con fondos relacionados co obxecto do proxecto.
  • Programación de actividades para difudir o fondo e para convertir ás bibliotecas en espazos de debate e formación en comunidade sobre os temas en cuestión.

Algúns materiais dispoñibles nas bibliotecas

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?