Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Exposición: Muller tiña que ser!

Tipo de actividade:

Outras actividades, Visitas guiadas

Tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/03/2018 ata o 31/03/2018

ata o 31 de marzo

Inscricións:

Entrada libre

Horario:

9 a 21h de luns a venres. 10 a 14h e 17 a 21h os sábados

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.es

981189886

Partindo dos estereotipos asignados tradicionalmente ás mulleres, e facendo uso do humor e a ironía, esta exposición homenaxea a todas as mulleres que se dedicaron e se dedican á investigación e á ciencia.

Esta exposición, que estará dispoñible para a súa visita todo o mes de marzo no Centro Ágora e en abril no Fórum Metropolitano, vén completar os obxectivos que persegue e novo centro de interese Xénero e feminismos, dispoñible na Biblioteca Ágora. Podes visitala libremente ou anotándote nunha das visitas guiadas que organizamos e que atoparás ao final desta páxina.

Unha homenaxe e/ou recoñecemento ás que foron ignoradas e ocultadas, ás que asinan os seus escritos e patentes, ás que teñen premios e ás que os merecen. O fogar, o cuidado das persoas maiores e da infancia, o ensino, a saúde, foron lugares e profesións destinados tradicionalmente ás mulleres.

E elas, coñecendo estes espazos, enfrontaron as súas necesidades: investigaron e inventaron solucións para mellorar a súa vida e a das persoas das que coidaban. Moitas mulleres sobresaíntes están nesta exposición: no terreo da saúde, Elena García desenvolveu Atlas 2020, un exoesqueleto para nenos/as,  armazón que detecta o movemento residual de enfermidades neuromusculares; no cuidado de neonatos/as; Virginia Apgar ideou en 1953 unha proba-escala estandarizada: o test de Apgar. No terreo do fogar, Florence Parpart foi unha empresaria que inventou e patentou o frigorífico. No ensino hai grandes pedagogas, entre as que atopamos a Ángela Ruiz Robles, quen sendo mestra en Ferrol deseñou a enciclopedia mecánica. Outras foron grandes biólogas, aviadoras, bioquímicas ou excelentes enxeñeiras ou matemáticas.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?