Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Ordenadores, internet, wifi, cursos...

Mocidade no ordenador

Ordenadores públicos na Biblioteca Ágora

As bibliotecas axúdanche a non quedarte atrás coas novas tecnoloxías:

En todas as bibliotecas atoparás ordenadores de uso público e gratuíto nos que te poderás conectar a Internet, chatear cos teus familiares no estranxeiro, escoitar música e ver vídeos ou utilizar programas ofimáticos: procesadores de texto, follas de cálculo, editor de presentacións etc. Podes levar os teus auriculares ou solicitar uns na biblioteca.

Que teño que facer para utilizar un ordenador na biblioteca?

Podes acceder a calquera ordenador de uso público directamente, sempre que non estea reservado, ou ben facer unha reserva en liña para a biblioteca, hora e día que ti elixas. En ambos os casos necesitarás un usuario e unha clave.

Como consigo o meu usuario e a miña clave?

A primeira vez que queiras utilizar os ordenadores de uso público terás que te identificar no mostrador de calquera das bibliotecas co teu carné de socio e documento de identidade. Asignarémosche un usuario e unha clave que che permitirán realizar as túas reservas e acceder a calquera ordenador das bibliotecas.

Hai un límite de tempo diario?

Si *. Cada persoa poderá gozar dunha sesión ao día dunha hora de duración como máximo. Ten en conta que as sesións empezan e rematan ás horas en punto. Espera ás horas en punto para acceder se queres gozar dunha hora completa!

* Estamos a adaptar estes horarios ás túas necesidades e, por iso, irémolos modificando progresivamente. De momento, só introducimos cambios en:

  • a sala de adultos da Biblioteca Castrillón, onde te poderás conectar sen restricións horarias de 9 a 21 h. Os ordenadores da sala infantil seguen tendo quendas de 1 hora
  • na Biblioteca Ágora, onde as quendas durarán 2 horas entre as 9 e as 15 horas, de luns a venres. A partir das 15 h e os sábados, as quendas seguirán sendo de 1 hora.

Podo reservar un ordenador concreto?

Cando realices a túa reserva en liña poderás elixir a biblioteca na que te queres conectar pero o sistema non permite decidir sobre que ordendor queres efectuar a reserva. O sistema asigna os ordenadores de forma totalmente aleatoria.

Canto tempo permanece activa a miña reserva?

Todas as reservas caducan pasados 10 minutos desde a súa hora de inicio.

Hai ordenadores de uso exclusivo para menores?

Si, dispoñemos de postos de uso exclusivo para menores de 14 anos.

Que teño que ter en conta?

Debes respectar a configuración dos equipos, os seus arquivos e programas. Lembra que despois de ti conectarase outra persoa polo que che agredecemos que coides o material.

A biblioteca non é responsable da información que recuperes ou á que accedas.

O horario de acceso aos postos informáticos pode verse restrinxido pola realización de calquera actividade, nese caso facilitarase o cambio de data ou hora da túa reserva.

Nin a biblioteca nin os bibliotecarios podemos responsabilizarnos dos problemas técnicos dos ordenadores ou Internet, como a saturación da rede, a caída dos servidores, cortes de luz etc.

Wifi libre

Todas as bibliotecas dispoñen de conexión sen arames a Internet. Se vés co teu portátil, móbil ou tableta poderaste conectar gratis e sen necesidade de utilizar ningunha clave.

Escáner e impresoras

Nas biblios tamén dispoñemos de fotocopiadoras, impresoras, escáner...

Aulas de informática

Nas bibliotecas municipais Ágora, Castrillón, Fórum, Monte Alto, Rosales e Sagrada Familia dispoñemos de aulas de informática nas que realizamos os cursos de alfabetización dixital. Ademais, se representas a unha asociación, ONG,... e necesitas un espazo para levar a cabo unha acción formativa, non dubides en pedírnola!

Equipamento dispoñible nas aulas

Posto para docente Nº postos para alumnado Taboleiro electrónico Taboleiro manual Canón Escáner Impresora Equipo adaptado
Biblioteca Ágora 12
Biblioteca Castrillón 12
Biblioteca Fórum 13
Biblioteca Monte Alto 13
Biblioteca Os Rosales 12
Biblioteca Sagrada Familia 12

Cursos de informática

Se estás a comezar a usar estas ferramentas interesarache saber que dispoñemos dun completo programa de formación con variadas ofertas tanto de iniciación a Internet como de web 2.0 ou web social. Se che interesa este tema consulta a sección Cursos de informática.

Necesito axuda co ordenador

Dentro do programa de voluntariado, os cibervoluntarios axudaranche a resolver as túas dúbidas co ordenador e as súas operacións básicas, a enviar e recibir mensaxes a través do correo electrónico, a navegar por Internet e ler prensa dixital, a comprar entradas ou realizar calquera procura de información.

Lembra que te podes inscribir nos cursos gratuítos que se organizan periodicamente nas bibliotecas e que podes empezar de cero.

Hai unha sección de informática en todas as biblios

Dispoñemos dunha sección de libros, revistas, CD, DVD sobre Internet, novas tecnoloxías, titoriais de programas informáticos, fotografía dixital, procesadores de texto, sistemas operativos etc... que che resultarán de utilidade tanto se te queres iniciar como se queres profundar nalgún destes temas. Recoñeceralos porque todos eles están baixo a sinalización 004 INFORMÁTICA

Quero buscar no catálogo o que teñen as biblios sobre este tema

Quero suxerir unha compra

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?