Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Préstamo de lectores de libros electrónicos

Señor sentado lendo nun lector electrónico

Se aínda non os utilizaches, próbaos! No tamaño dun libro con formato de peto e cun peso de 200 gramos e mesmo menos, pódese almacenar unha biblioteca enteira.

Son cómodos para as vacacións, se non queremos ir moi cargados, permiten axustar o tamaño e o tipo de letra e localizar palabras ou frases xa lidas.

Podes levar en préstamo un destes lectores, dispós de varios modelos e todos están cargados con preto de 3.000 obras clásicas e libres de dereitos.

Se xa cumpriches os 18, co carné de bibliotecas ou a túa Tarxeta Millennium activada podes solicitar o acceso a este servizo gratuíto.

Como me dou de alta neste servizo?

Presencialmente, na Biblioteca Fórum Metropolitano. Leva o teu carné da biblioteca e o teu DNI porque necesitaremos facerlle unha fotocopia. Nese mesmo momento entregarémosche, para que leas e asines, un documento que recolle con detalle o funcionamento do servizo e o teu compromiso coas condicións específicas de uso. A partir dese momento xa poderás levar en préstamo calquera dos lectores que estean dispoñibles.

Que necesito saber sobre o préstamo e a devolución dos dispositivos?

  • Que terás que presentar o teu carné de bibliotecas ou a túa Tarxeta Millennium activada e darte de alta previamente no servizo.
  • Que o préstamo dura 21 días e préstase un dispositivo+accesorios por persoa.
  • Que tanto o préstamo como a devolución só se poderán realizar, de momento, na Biblioteca Fórum Metropolitano.
  • Que é importante que o entregues en man ao persoal bibliotecario, con suficiente batería para poder acendelo e con todos os accesorios que retiraches. O persoal da biblioteca terá que comprobar que o dispositivo segue nas mesmas condicións nas que se retirou: a mesma configuración, a tarxeta de memoria coa mesma carga de títulos, todos os accesorios, etc.
  • Que se durante o préstamo detectas algunha anomalía no seu funcionamento, deberás notificalo ao persoal no momento da devolución. Desta forma, descartaremos que poida deberse a un mal uso.

Que conteñen os lectores?

Todos os lectores electrónicos dispoñen dunha tarxeta de memoria na que cargamos grandes obras clásicas e libres de dereitos da literatura universal. Asegúrate de que o persoal da biblioteca comprobe, na túa presenza, que o lector que vas levar ou que vas devolver contén a súa tarxeta correctamente cargada.

Accede á relación de títulos e autores dispoñibles nos dispositivos.

Modelos e accesorios dispoñibles

Sony Reader PRS T1: 163 gramos, pantalla de 6 polgadas

Booq: 187 gramos, pantalla de 6 polgadas

Inves Book 600: 180 gramos, pantalla de 6 polgadas

Wolder Boox: modelos de 236 e 314 gramos, pantalla de 6 polgadas

Para ter en conta...

O funcionamento é similar ao préstamo de libros, CD, DVD...

  • procura devolver o dispositivo no prazo marcado pola biblioteca para evitar a suspensión temporal do préstamo (tantos días sen préstamo como días de atraso)
  • devolve o material no mesmo estado en que o retiraches. Facer un mal uso do dispositivo leva de 3 a 6 meses sen poder facer uso dos restantes servizos da biblioteca que requiren o carné: préstamo, acceso a ordenadores, etc. Se se producen danos no dispositivo e os reparas, poderás volver usar o teu carné con normalidade.
  • entrega o dispositivo con todos os seus compoñentes para que outra persoa poida facer uso deles. Se por algunha razón non o puideses facer, terás que repoñelo para poder seguir utilizando o teu carné das bibliotecas.
  • entrega na biblioteca a denuncia orixinal no caso de que cho rouben.

Lembra que...

... dende o momento no que retiras un dispositivo ti es o único responsable do seu coidado. Evita un mal uso e asegura que a seguinte persoa que faga uso del o atope no mesmo estado que ti o atopaches.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?