Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

BiblioTECH: Realidade Aumentada nos contos

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 4 a 7 anos

Cando:

01/02/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/01/2020 ata o 01/02/2020

Require inscrición

Horario:

de 11.30 a 13.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Realidade aumentada nos libros. Os máis pequenos empezan a coñecer as novas tecnoloxías.

A Realidade Aumentada ( R.A.) é unha tecnoloxía que permite mostrar unha imaxe dixital en medio dun espazo real ao tempo que vemos o que realmente existe nese espazo.

Neste taller as e os participantes aprenderán en que consiste a realidade aumentada, e como está cada vez máis presente nas nosas vidas: nas caixas dalgúns xoguetes, nos botes de alimentos e nos libros orientados ao público infantil e xuvenil.

A través da gamificación crearase un ambiente lúdico de traballo, potenciarase a socialización, o traballo en equipo e o compañeirismo.

Comezaremos facendo fichas coloreables de realidade aumentada e tras ver como os debuxos "cobran vida" pasaremos á lectura e visualización de contos con realidade aumentada.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión